La ciudad al detalle

“Neste mar navegan os barcos da nosa vida”

Ledicia Costas leu o capítulo de “Jules Verne e as mulleres planta” na presentación da valla de Pereira (ao fondo, na avenida Beiramar), dende o acto celebrado na cuberta do “Argos Pereira”.
photo_camera Ledicia Costas leu o capítulo de “Jules Verne e as mulleres planta” na presentación da valla de Pereira (ao fondo, na avenida Beiramar), dende o acto celebrado na cuberta do “Argos Pereira”.

Ledicia Costas asina a frase que lucirá no valado de Pereira en 2019

nnn Onte pechouse un círculo, onde o punto de partida e chegada é Vigo e a visión que da cidade teñen os que a habitan. Se hai sete anos a empresa Pereira puña en marcha o valado Pereira, reproducindo cada ano unha frase singular, en 2019 amosará unha escrita por Ledicia Costas, a viguesa Premio Nacional de Literatura Xuvenil, que recolleu eses ditos pendurados no muro de pesquería nun capítulo de “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”. “Estas frases que van mudando ano a ano foron moi inspiradoras, sempre agardo a chegada de decembro con emoción e curiosidade”, asegurou onte Costas na presentación no novo rotulado, unha frase súa elixida polos internautas entre as tres propostas. “Foi moi especial cando me fixeron a encarga”, recoñece a escritora.
“Neste mar navegan os barcos da nosa vida” é o dito que dende onte luce no lateral do muro de Pereira Productos del Mar, na avenida de Beiramar. Sustitúe ao extracto de “20.000 leguas de viaxe submarino”, de Jules Verne, “Estamos en la bahía de Vigo y solo de usted depende que pueda conocer sus secretos”, para conmemorar o 150 aniversario da publicación da obra.
“A temática das frases do valado sempre buscan relación entre a cidada, o mar, a pesca e os nosos productos; dende Pereira estamos convencidos que con iniciativas culturais e literarias podemos transmitir los valores de nuestra marca”, sinalou Ruy Andrade, director de Comunicación de Pereira.n
 

Te puede interesar