vigo

A Muller, punto exclusivo do día

O salón de plenos acolleu onte o pleno específico do Consello Municipal da Muller onde se trataron os principais temas de desigualdade.
photo_camera O salón de plenos acolleu onte o pleno específico do Consello Municipal da Muller onde se trataron os principais temas de desigualdade.

A presidenta do Consello Municipal, Isaura Abelairas, encabezou onte o pleno municipal específico co gallo do 8 de marzo, baixo o lema “Mulleres en Loita, xuntas contra a desigualdade”

 “Debera haber un 8 de marzo os 365 días do ano”. Este foi o desexo expresado onte tanto polo alcalde Abel Caballero como pola concelleira de Igualdade e presidenta do Consello Municipal da Muller, Isaura Abelairas. Celebrábase o pleno específico polo Día Internacional da Muller, cargado de boas intencións, pero con escasa efectividade. 
Cunha “ocupación física e simbólica” do salón de plenos, as integrantes do máximo órgano municipal en cuestión de xénero fixeron lectura de sete puntos de desigualdade. Así, Luisa Ocampo, de Mulheres Nacionalistas Galegas, abordou as medidas contra o patriarcado; Elena Rodríguez, de CCOO, tratou to tema da brecha salarial e o acoso laboral; Ángeles Arias, de UXT, analizou o sistema de Educación; Luz Iglesias, de Viuvas Demócratas, denunciou a situación da lei de dependencia; Rosa Fontaiña, de Rede de Malos Tratos, pedíu maior efectividade para as víctimas de Malos Tratos; Mercedes Fernández, de Mulleres en Igualdade, valorou o uso da imaxe feminina nos medios, e finalmente Esther Mariño, de CIG, adentrouse na violencia de xénero exercida a través das redes sociais e das contornas dixitais.
Pese a boa vontade das intervintes, o acto que quedou nunha mera escenificación para o escaparate. Gran parte dos concelleiros extralimitáronse na obriga de ceder o sitio ás mulleres por un día. Dos 27 representantes populares, tan só asistiron catorce: oito do PSOE (Olga Alonso, Ángel Rivas, Carlos López Font, Chus Lago, Manel Fernández, Cayetano Rodríguez, Santos Héctor e Isaura Abelairas), catro do Partido Popular (Antonio Bernárdez, Marián García, Alejandro Pérez y Teresa Cendón) e dous do BNG (Santi Domínguez e Iolanda Veloso). O rexidor ausentouse ao pouco de ceder o posto a Isaura. A escasa asistencia de concelleiros coincidiu coa mínima presenza de público e medios de comunicación que cubriron o acto. Apenas unha ducia de mulleres interesáronse polas demandas sociais dos colectivos feministas. A celebración institucional do Día da Muller en Vigo resumíuse en declaración de intencións por parte de uns e esixencias por parte de outras, pero sen o interés que o tema require.
Hoxe continuarán as actividades. Ás 11, na zona peonal do Calvario, o BNG convoca un acto reivindicativo e ás 17.30, na Praza da Constitución celébrase a Festa da Igualdade.n

Te puede interesar