vigo

Os misterios de Santa María de Castrelos ao descuberto

Abel Caballero e Carmela Silva acudiron á presentación da nova publicación do IEV.
photo_camera Abel Caballero e Carmela Silva acudiron á presentación da nova publicación do IEV.

 O Instituto de Estudios Vigueses estrea unha nova colección de cadernos didácticos dirixida ao gran público

 Xoán Carlos Abad, director do Instituto de Estudios Vigueses, coordinou “A igrexa románica de Santa María de Castrelos e o seu tempo”, unha publicación didáctica e visual dirixida ao gran público e ao traballo nas aulas, que onte presentaron na sede de Cánovas del Castillo. 
Con ela estrean unha liña editorial da que xa programan novas entregas: “É interesante seguir por este campo, onde ademáis da investigación, priorizamos a divulgación”, afirmou Abad. Con ilustracións de Evaristo Pereira, que suman atractivo, á información ofrecida de forma doada e pedagóxica con textos de Mercedes Bangueses e Elisa Pereira, xunto á documentación de Fernando Costas, supón unha revolución na imaxe das obras co selo do Instituto de Estudios Vigueses.
O traballo abrangue máis alá do templo románico. Recupera toda unha época, tal e como indicou Abad: “Non se pode perder de vista que o monumento é o resultado de moito esforzo dunha sociedade e nós somos parte de esa tradición, polo que queremos amosar ese vínculo coa contorna real”. Na estudo desvelan os misterios da igrexa como as as simboloxías de inscripcións antigas e reutilizadas ou a orixe das lendas que a rodean como o vello ferreiro e a súa dona. Esta publicación forma parte da conmemoración do 800 aniversario de Santa María de Castrelos para a súa posta en valor: “Non hai constancia da auténtica xoia que perdurou nun espazo que mudou pouco do seu contexto, e das tres igrexas románicas que hai en Vigo a que se conserva en mellores condiciones”. Con este traballo, dende o IEV queren amosar o espíritu da institución que “non é un conxunto de individualidades, senon a colaboración dun colectivo”, apuntou Abad.

Te puede interesar