DÍA DAS LETRAS EN VIGO

O Mercado da Arte gaña adeptos máis aló do Calvario

Máis de 4.000 visitantes achegáronse onte á quinta edición do Mercado das Artes no Calvario.
photo_camera Máis de 4.000 visitantes achegáronse onte á quinta edición do Mercado das Artes no Calvario.

Máis de 4.000 visitantes pasaron pola praza de abastos onde 65 artesanos amosaron os seus traballos 

nnn O Mercado da Arte celebrou onte a súa quinta edición na praza de abastos do Calvario, onde un ano máis as creacións artísticas tomaron o sitio do peixe e do marisco. A organización calcula que máis de 4.000 visitantes pasaron pola feira, superando tódalas expectativas. “Os expositores están moi contentos polas ventas e polo interese amosado polos compradores, que se quedaron cos contactos para futuras adquisiciones”, apuntou Alba, que xunto a Esther forma Non todo o Pescado está Vendido, o colectivo responsable do evento: “Hai moita demanda para participar, pero o espazo é limitado e hai moitos que quedan fóra”, recoñece. En tres semanas adxudicaron os postos na praza. Non se plantexan ampliar a frecuencia do Mercado, ata agora anual, xa que é complicado compaxinalo coa actividade das pescantinas: “O día anterior traballaron e mañá (por hoxe), tamén; así que ten que quedar todo limpo esta noite”.
Serigrafías, libros, pintura,  arte natural, deseños textis ou oleiría son algunhas das artesanías que se podían adquirir onte no Mercado, que este ano estaba adicado a Miguel Vázquez, mestre da Escola Municipal de Artes e Oficios. Só un dos praceiros habituais acudíu ao seu posto: Jesús Alonso, da Carnicería Mari. Sen venta ao público, a terceira xeración de praceiros amosou as creacións gastronómicas a base de carne e froitas: estrelas de mar, barcos piratas, tartarugas; así como os seus productos veganos.
Ao longo de todo o día a afluencia de público foi constante, aínda que o momento forte tivo lugar xa pola tarde coa subasta de arte. Alex Fernández & Gonzalo Alonso e Jorge Meana venderon os cuadros feitos en directo por 70 e 75 euros. A puxa comenzou en dez e subíu de cinco en cinco euros. A música de Músculo puxo o punto final a un Mercado da Arte, que se despedíu ata o vindeiro Día das Letras Galegas. Como testemuña só queda a obra de Borja Portela.n

Te puede interesar