AGENDA

O Meixoeiro aposta pola rehabilitación no linfedema

 O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo aposta pola rehabilitación como mellor método para o tratamento do linfedema, unha patoloxía que supón un aumento de tamaño ou inchazón dunha extremidade ou de calquera outra zona do corpo.

O equipo da Unidade de Linfedema, no Meixoeiro.
O equipo da Unidade de Linfedema, no Meixoeiro.
O Meixoeiro aposta pola rehabilitación no linfedema

O linfedema é un tipo de edema producido por unha acumulación de linfa, un líquido orgánico rico en proteínas de alto peso molecular. Con motivo da celebración do Día Internacional de Linfedema, a EOXI de Vigo sumouse á súa conmemoración en colaboración coa Asociación Galega desta patoloxía, que xa está traballando no espazo asociativo do Meixoeiro. Na xornada de onte, a Asociación colocou unha mesa informativa destinada a dar a coñecer á cidadanía aspectos da enfermidade. Actualmente, considérase unha patoloxía crónica, existe unha disfunción do sistema linfático de forma permanente e non hai tratamento curativo. O tratamento que neste momento demostrou mellores resultados é a rehabilitación mediante a terapia desconxestiva complexa, con o obxectivo de evitar a progresión e as complicacións. A Unidade está no Hospital Meixoeiro, comezou a funcionar no ano 2008 y realiza 3.000 tratamentos ao ano.