vigo

Martin Codax usaba ver e mirar como sinónimos, propio de Vigo

Henrique Monteagudo. (Centro)
photo_camera Henrique Monteagudo. (Centro)

 O profesor da Universidade de Santiago e secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo falou onte na Facultade de Filoloxía e Tradución das características gráficas, léxicas, morfosintácticas e fonéticas das Cantigas de Martin Codax. O seu relatorio encádrase no programa organizado co gallo da exposición do Pergamiño Vindel. Para Monteagudo, un dos trazos léxicos máis destacados é o uso do verbo mirar en dúas cantigas, que usa xunto con ver como sinónimos parciais. “Esta é a máis elocuente das variantes lingüísticas e, aínda que non chamara inicialmente a atención, é destacable dado que na lingua medieval non se empregaba o verbo mirar”. Na lírica trobadoresca, ademais de nas Cantigas, mirar aparece exclusivamente nas composicións de Pai Gomez Chariño e Pedro Anes Solaz. É dicir, os dous trobadores e o xograr que usan mirar son de Vigo e Pontevedra, o que se corresponde coa área actual na que se emprega este verbo no lugar de ver, “e iso algo nos di sobre a relación entre Codax e Vigo, temos nas súas cantigas as primeiras probas da historia da nosa lingua sobre o uso do verbo mirar”. 
 

Te puede interesar