TRAS EL 24-M

A Marea pide “legalidade, non xenerosidade” a Caballero

Marga Barreiro, Xose Lois Jácome e Rubén Pérez, onte.
photo_camera Marga Barreiro, Xose Lois Jácome e Rubén Pérez, onte.

Os tres concelleiros eleitos da Marea de Vigo fixeron onte a súa primeira aparición pública. Rubén Pérez, estivo acompañado por Marga Barreiro e Xose Lois Jácome. Aseguraron ser conscientes de que non lles agarda unha tarefa fácil por diante. “Non lle pedimos xenerosidade política a Caballero, só o cumprimento das lexislación”, apuntou Rubén, quen asegurou que queren estar nas comisións de traballo e coñecer os fundamentos dos contratos: “Imos a desnudar os orzamentos”, anunciou. Adiantou a creación dunha plataforma de participación directa dos cidadáns nas decisións que se tomen. A primeira será o posicionamento da Marea na elección do presidente da Deputación, aínda que o seu único voto non é chave porque o PSOE con 11 máis os catro do BNG xa superan os doce do PP. “Somos moi críticos coas deputacións, aínda que cambien de cor. Aseguraron que a Marea aínda está en construcción, pero defenderá os seus principios programáticos. Asemade lamentaron a baixa participación e desaparición da corporación do BNG “con quen podían sumar”.n

Te puede interesar