RUBÉN PÉREZ CABEZA DE LISTA DA MAREA, QUE SE ESTREA CON TRES CONCELLEIROS

“A marea fará fronte ao rodillo do PSOE apoderando á masa social que nos apoiou”

Rubén Pérez, onte, superando a “resaca” da noite electoral.
photo_camera Rubén Pérez, onte, superando a “resaca” da noite electoral.

Rubén Pérez (38 años), cabeza de lista da Marea de Vigo, e secretario da Esquerda Unida de Galicia. A plataforma cidadá que lidera entre na corporación con tres concelleiros, superando tódalas expectativas.

Que é o primeiro que ven a cabeza á mañá seguinte a unhas eleccións cuns resultados tan positivos para a Marea?
Estamos colgados ao teléfono. Non paran de chamar de toda a comarca onde entramos nos concellos. Todo esto é novo para nós. Temos que nos situar e quédanos unha semana dura por diante.
Cunha noite para desconectar e recuperar algo de sono. Hai algo que engadir ás primeiras valoracións feitas en quente?
Despois de ter falado con compañeiros de toda España, queda claro que o que pasou coas agrupacións de unidades populares foi algo central. Os casos de Madrid, Barcelona e as mareas galegas marcan o inicio dun novo xeito de gobernar distinto. Galicia volve a ser o espello onde se están vendo todas as forzas de esquerda. As mareas como procesos acumulativos foron quen de expulsar ao PP das Deputacións de Pontevedra e a da Coruña.
Para Esquerda Unida quedou demostrado que acertou coa marea, xa que no resto de España baixou a súa representación.
Tanto Esquerda Unida como Anova sabíamos, pola nosa experiencia como AGE, que a unidade é premiada. Apostamos en ir máis alá das siglas, nas mareas que superan a coalición dos partidos. Sempre pensamos que teríamos un bo resultado pero sorprendeu que fora tan favorable. Son mellores resultados que a esquerda á esquerda do PSOE ten logrado en Galicia, que sempre foi un graneiro do PP. En estas eleccións farase historia en cidades como Ferrol, onde a marea pode gobernar.
Con estes resultados A Marea entra a formar parte da corporación viguesa nunhas condicións moi difíciles para a oposición. Manterá o seu carácter asambleario?
A Marea fará fronte ao rodillo absoluto do PSOE apoderando á masa social que nos apoiou, dándolle moito músculo cando queiran silenciarnos e ningunearnos. Faremos unha oposición forte. Nós agora teremos acceso á información que queremos visibilizar. A primeira proposta que faremos será pedir unha comisión de investigación para os procesos xurídico abertos ao Concello de Vigo.

Te puede interesar