La ciudad al detalle

Os libreiros comparten un “vermú con Vindel”

Os libreiros comparten un “vermú con Vindel”
photo_camera Os libreiros comparten un “vermú con Vindel”

As primeiras citas terán lugar en espacio lector 9, de bueu, o 25 deste mes e en Librouro e prisma, o 2 e o 9 de decembro

nnn  A chegada de pergamiño Vindel ao Museo do Mar é un todo un acontecemento para a sociedade galega en xeral e para os libreiros en particular. Xunto á xoia medieval, o gremio quere reivindicar ao seu colega madrileño, descubridor do escrito coas cantigas de Martin Codax. Por elo, a Federación  de Librarías de Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, presentou onte en Librouro as accións de difusión da presenza do pergamiño medieval. Así, organizaranse vermús literarios con escritores lectores e estudiosos para debatir a importancia das sete cantigas incluidas no pergamiño. Son seis citas, comenzando por unha en Bueu (en Espacio Lector 9, o 25 de este mes con Xose Ramón Pena) e dúas en Vigo (en Librouro, con Mariña Albor, o 2 de decembro e en Prisma, con Miguel Vila, o día 9 do mesmo mes). As seguintes citas prolongaranse ata xaneiro.
Asemade, en tódalas librerías adheridas á Federación repartiranse carteis, marcapáxinas e postais do Pergamiño Vindel.
Estas dúas accións únense ao programa xa posto en marcha como as travesías “Ondas do Mar de Vigo”, o concurso escolar vídeo-cantigas Vindevídeos e obradoiros de temática medieval.n

Te puede interesar