verano

Julio Campos: “O Sinsal Son é a xoia da promotora”

Julio Campos, codirector do festival Sinsal Son que se celebrou estes días.
photo_camera Julio Campos, codirector do festival Sinsal Son que se celebrou estes días.

O festival pechou cun cartel onde o 90% estrenouse en Galicia

nnn Finalizada unha nova edición do Sinsal Son, na illa de San Simón, o seu codirector, Julio Campos, amósase satisfeito co resultado: “É a xoia da promotora Sinsalaudio, o proxecto para o que traballamos todo o ano con  toda a nosa dedicación e amor á música e á cultura”. 
Respeto do cartel dixo que “responde ás nosas máximas: un 90% de artistas que non estiveran en Galicia, estilos diversos e altísima calidade”.
En canto ao público, Campos apuntou un lixeiro aumento  de espectadores de fóra de Galicia, “o cal nos complace porque significa que ese público ven non só ao festival senón a descubrir a nosa cultura e territorio”. Recoñece que tamén en 2016 a repercusión mediática foi maior, dados os premios e recoñecementos internacionais que recibíu o festival. En nome da organización, Luis Campos explallouse en eloxios para o público: “Interxeracional, curioso, arriscado (temos cartel secreto, veñen a cegas), respectuoso, divertido...a mellor publicidade que pode ter o Sinsal Son Estrella Galicia son eles, e abofé que a fan”. 
Asegurou que están sobrepasados coas mensaxes do público, cada persoas coa súa historia particular na illa e no festival, “emociónanos e non podemos dar máis que grazas porque veñan á marabillosa Illa de San Simón;non esquecemos unha historia que vai desde as cantigas medievais até o horror como campo de concentración franquista, para crear e contar novas historias”, apuntou. 
Finalmente afirmou que “aínda que o festival non pode medrar en aforo, si pode medrar en oferta de experiencias e actividades”. Así, recordou que en 2016 incorporaron o escenario Buxos e o Mirador de San Simón, que se sumaron aos xa existentes escenarios San Simón Estrella Galicia e San Antón New Balance. Destacou que ofreceron actividades para as familias durante os tres días e converteron o Mirador nun escenario íntimo polo que pasaron artistas próximos como Nicolás Pastoriza, Best Boy ou LAR Legido entre outros. Julio Campos pechou a valoración, apuntando que  o festival “é un proxecto colectivo, con moitas partes implicadas e con moito traballo detrás, en boa parte derivado do feito de acontecer nunha illa, con todo o que implica a loxística na mesma”. Unha vez máis volveu vencellar o festival á illa.
O Sinsal é un dos evento incluidos nos festivais Rías Baixas, patrocinados pola Deputación de Pontevedra.n
 

Te puede interesar