NICOLÁ XOÁN LE CREURER Instituto Rosais 2, premio de Bachillerato

“O importante é levar as cousas ao día”

Nicolá Xoán Le Creurer Quinteiro.
photo_camera Nicolá Xoán Le Creurer Quinteiro.

 Nicolá Xoán Le Creurer acabou Bachillerato en Rosais 2 unha nota media de 9,89 e decidiu presentarse ás probas dos premios extraordinarios. Na actualidade está matriculado no dobre grao de Matemáticas e Física. Forma parte dunha xeración que deu moitas alegrías ao Rosais 2.


Esperaba o premio?
Como esperar, esperar… A min os exames saíranme ben, pero había moitos participantes, e todos moi bos. Estou moi contento con telo sacado, pero tampouco lle dou moitas voltas.
Cómo se consiguen unhas notas tan altas?
Creo que o máis importante é levar as cousas ao día e non agobiarse. Se se atende en clase, necesítase facer un esforzo menor na casa.
Tiveches tempo para outras actividades culturais o deportivas?
Si, claro. Fago taekwondo regularmente, pero a miña gran afección é a música. Toco o piano e tamén a arpa celta na orquestra folk SonDeSeu.
En qué che gustaría traballar  no futuro ou é pronto para sabelo?
Aínda é moi pronto para pensar niso, de momento céntrome en aprender o máximo posible. Xa se verá…
Qué recordos tes do instituto Rosais 2?
Foron seis anos moi especiais, cos mellores compañeiros e amigos que un pode ter. Imposible esquecelos. Tamén tiven moita sorte, tanto co equipo docente como coa dirección do centro (a actual e, por suposto, a do agora xubilado Don Luis López Grillé) polo apoio académico e persoal que me brindaron durante esta etapa.
 

Te puede interesar