vigo

‘A igualdade non é un regalo, é un dereito’

Abel Caballero e Marita Vázquez de la Cruz fixeron entrega do galardón Galega Destacada a Vanessa Valdiglesias.
photo_camera Abel Caballero e Marita Vázquez de la Cruz fixeron entrega do galardón Galega Destacada a Vanessa Valdiglesias.

Diálogos 90 entregou o seu premio Galega Destacada a Vanessa Valdiglesias polo cabodano de Concepción Arenal

nnn  “A igualdade non é un regalo, é un dereito”. Así finalizou o alcalde Abel Caballero a súa intervención na recepción ofrecida onte en Quiñones de León co gallo do 123 cabodano de Concepción Arenal.  O rexedor comprometou a loita da cidade contra a violencia de xénero, “de forma implacable; hai que reaccionar de xeito permanente”. Así, tivo unhas palabras para Carmela Silva, presidenta da Deputación, a quen mandou “un aperta moi especial” polos insultos que lle procesou hai uns días  un concelleiro de Moraña, forzado a dimitir.
Caballero reclamou aos vigueses como os nacidos na universalidade”. Apuntou que en Vigo, “definímonos a nós mesmos, cos brazos abertos e con igualdade, a palabra absoluta que queremos ocupe máis espazo”. Con esta reivindicación a favor dos dereitos da muller, rendiuse homenaxe á avogada Concepción Arenal, pionera no feminismo español. Coincidindo co seu cabodano, a asociación Diálogos 90 fixo entrega do seu premio Galega Destacada. Esta ano recaeu na bióloga especialista en toxicolosía xenética, Vanessa Valdiglesias (Coruña, 1980), nomeada en 2015 a mellor investigadora moza de Europa. 
A premiada agradecía a distinción, afirmando que supuña un inmenso honor e unha sorpresa: “Teño recibido moitos premios polo meu labor, pero este faime unha ilusión doble, porque me recoñece como investigadora, a miña paisón, xa que non só é o que fago, senon o que son, e porque tamén me destaca como muller e galega, algo do que presumo alá por onde vou”. Aproveitou a ocasión para facer un chamamento a prol do investimento en I+D+I: “Necesitamos que se saiba a importancia da investigación, que as autoridades estean dispostas á comprometerse coa ciencia e que sexa valorada por todos, xa que todos nos beneficiamos dela”. Pedíu que se tomen medidas para incrementar a ciencia, recuperar o capital humano emigrado a outros países e reter os talentos que aínda quedan. Finalmente, Vanessa Valdiglesias quixo adicar o galardón á súa familia como artífices do seu éxito: “Sen eles non son nada”, afirmou.
Pola súa banda, Marita Vázquez de la Cruz, voceira de Diálogos 90, a asociación promotora do evento, lembrou ás anteriores mulleres Galegas Destacadas, especialmente a Carmen Kruckenberg e Aída Fernández falecidas nos últimos meses. Nunha intervención chea de retranca e indirectas á actualidade política, adoptou a súa facian máis seria para insistíu, como en tódalas edicións, na repulsa contra os malos tratos. Dirixíuse ás víctimas de violencias de xénero para dicirlles: “Non teñades medo, a sociedade está con vós”. Rematou a súa intervención, pedindo un emotivo aplauso para “enviar enerxía” a estas mulleres.
Quiñones de León acolleu o acto, ao que asistiron representantes políticos, como a presidenta da Deputación, Carmela Silva; os socialistas Manel Gallego e Abel Losada, así como concelleiros . Ademais acudiron a escritora Mª Xosé Queizán, o ex-alcalde Manoel Soto, a artista Puri del Palacio; o Valedor do Cidadán, Luis Espada ou Rosa Fontaiña, da Rede contra os Malos Tratos.n

Te puede interesar