vigo

Forza de xigante e alma de artista

unha performance inspirada pola obra de francisco leiro
photo_camera Unha performance inspirada pola obra de Francisco Leiro

“Sísifo confuso”, o documental dirixido por Aser Álvarez e con música de Lucía Martínez, descubríu onte a intimidade de Francisco Leiro, o chamado polo seu compañeiro Txomin Badiola, o último representante da escultura heroica.

A carón de “O Nadador”, de Francisco Leiro, na Praza da Estrela onte desenvolvouse toda unha experiencia creativa adicada ao escultor de Cambados. Unha fusión entre a imaxe, a música e a propia obra coa que culmina o percorrido do documental “Sísifo confuso”, onde Aser Álvarez logrou colarse na intimidade do obradoiro do artista. A compositora viguesa, afincada en Berlín, Lucía Martínez, fixo unha interpretación en directo da banda sonora da cinta, realizada cos instrumentos de traballo de Leiro. Forza e poderío confrontáronse coa sensibilidade e o espírito da arte.
A admiración e a amizade levou a Aser Álvarez a seguir ao artista durante tres anos polos seus tres puntos de traballo: Cambados, Madrid e Nova York para rexistrar os tres procesos creativos: a construcción da peza dende a escolla do material nas canteiras Campo Lameiro, a montaxe da exposición na galería Malborough e o volver a comezar no estudo a outra beira do océano. “Coñecino ao rodar o documental sobre Celso Emilio Ferreiro, abríunos o seu estudo e quedei abraiado coa súa capacidade de traballo”, declarou o director, quen o convenceu para rexistar por primeira vez de xeito sistemático todo o seu proceso creativo: “Foi todo un luxo ver en primeira liña como traballa, como manipula o granito negro, un dos materiais máis difíciles de moldear”, recoñeceu.
Tras pasar por Cambados e Pontevedra, co apoio da Deputación de Pontevedra, “Sísifo Confuso” chegou a Vigo, cidade coa que, tal e como recoñece o propio director, o artista mantén unha relación moi especial. “A forza do documental está na imaxe, do modo que ten Leiro de crear; quen mellor o definíu foi o seu Txomín Badiola, quen o califica como o último representante da escultura heroica”. Aser Álvarez exprica que para tratar a pedra e a madeira como Leiro é preciso un gran poderío físico, “pero tamén evidenciamos unha sensibilidade extrema, unha cultura enorme e un proceso reflexivo que nunca para e do que afirma non lle deixa durmir”.

Unha performance inspirada pola obra de Francisco Leiro

A Praza da Estrela acolleu onte a posta en escena dunha performance multidisciplinar a cargo da compositora Lucía Martínez, a carón de “O Nadador” de Leiro, previa á proxección de “Sísifo confuso”, o documental de Aser Álvarez que recolle o proceso creativo do artista baixo o nome dunha das súas figuras habituais.

“O Purgatorio” será a nova estrea cunha conversa entre artistas

nnn  Os tres anos seguindo a Francisco Leiro propiciou un segundo documental, “O Purgatorio”, que se estreará en novembro no museo Guggemheim de Bilbao. Trátase dunha conversa  entre Leiro e o tamén escultor Txomin Badiola, onde percorren a exposición do artista na galería Malborough e falan de técnicas e resolucións artísticas. “Na primeira cinta só recollemos dous pequenas intervencións de Leiro, porque se amosa incómodo falando á cámara, baseamos o traballo na observación”.
Como a Leiro coas súas pezas, a Aser Álvarez custoulle por un punto e final á rodaxe, “poderíamos estar seguindo anos, pero había que acabar nalgún punto, onde puidéramos amosar esa combinación o intenso traballo de reflexión e intelectual co esforzo físico que supón a súa creación”.
A producción de Arraianos, que se estreou en Londres e se proxectou no festival vigués Primavera de Cine, complétase coa publicación por parte de Deputación Provincial de Pontevedra dun libro catálogo acompañado dun DVD, “é importante que quede unha obra de referencia para o estudo dun dos artistas contemporáneos de Galicia máis internacionais”, puntualizou Aser Álvarez.n

Te puede interesar