DÍA DAS LETRAS EN VIGO

Festa da Cultura galega no 17 de maio

O alcalde Abel Caballero presidíu o acto central do Día das Letras Galegas en Vigo, que tivo lugar na alameda de Bouzas, organizado pola asociación A Vila de Bouzas, e que contou con Antonio García Teijeiro como pregoeiro.
photo_camera O alcalde Abel Caballero presidíu o acto central do Día das Letras Galegas en Vigo, que tivo lugar na alameda de Bouzas, organizado pola asociación A Vila de Bouzas, e que contou con Antonio García Teijeiro como pregoeiro.

A cidade acolleu expresións musicais, artísticas, poéticas e de lecer co gallo do Días das Letras galegas que contou cun pregoeiro de luxo, Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

nnn Cunha lembranza ao Pergamiño Vindel. Así comezou, onte en Bouzas, o seu bando, o escritor Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 e Vigués Distinguido 2018: “Neste Vigo, que non cala e que non dorme, celebramos este 17 de maio, unha vez máis, o Día das Letras Galegas; esta data é moi especial para todos os que amamos unha lingua que loita por estar presente no día a día das nosas vidadas; por desgraza, aínda temos que seguir a reinvindicar un idioma fermoso; non debemos esquecer que cando unha lingua se perde, todos morremos un pouco”.
Asemade na súa intervención, García Teijeiro adicoulle unhas palabras á homenaxeada deste ano, María Victoria Moreno. Dela dixo que “hai moitas razóns que un pode salientar de tan exquisita escritora (...); pero tamén, a súa loita sen desmaio a prol da presenza da muller na literatura”.
Calificou a Moreno como “unha soñadora que nos permitíu soñar; unha apaixoada da cultura galega que nos contaxiou a súa paixón”. O pregoeiro finalizou a súa intervención invitando a ler a obra de María Victoria. O acto estivo organizado pola asociación A Vila de Bouzas e que contou coa presenza do alcalde. Somouse a creación dun Maio e a representación dunha obra baseada no libro “A festa no faiado”, de María Victoria Moreno.
Asemade, no Museo Liste, nas Travesas, os máis cativos tamén foron os protagonistas da xornada, con obradoiros ao redor da figura da escritora homenaxeada e unha visita guiada polas exposición etnográficas do centro. A axenda clausorouse coa cerimonia de entrega de premio de relato e de fotografía á que asistíu o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez. 
Xa no serán, as actividades continuaron. Primeiro foron as corais as encargadas de abrir a sección musical no Auditorio Mar de Vigo. Á seguir, a Orquesta Clásica de Vigo tomou o relevo cun concerto moi especial, adicado a unha compositora, Marianna vo Martínez. A xornada nas Letras Galegas non podía acabar sen versos. Así, o festival Kerouac convidou a unha veintena de poetas a recitar na rúa Londres.n 

Te puede interesar