ESCÁNDALO TURÍSTICO EN CÍES

Os ecoloxistas aplauden a regulación das visitas ás illas

nnn O colectivo ecoloxista Luita Verde, integrado na Federación Ecoloxista Galega aplaudíu a actuación levada acabo  polas autoridades competentes relativas ao control do número de visitantes que acceden a visitar as illas Cíes.
Segundo apuntaron a través dun comunicado de prensa, “tódolos veráns as navieiras exceden con creces o número visitantes, e decir o número de billetes que poden expedir legalmente para entrar ás illas Cies, a pesar das reiteradas  denuncias que teñen recibido ao respecto durante os últimos anos”. Dende Luita Verde lembran que “a afluencia masiva de visitantes ten consecuencias negativas para para este espacio coa declaración de Parque Nacional”, ¨e indican que se trata “dun turismo de playero masivo que non ten cabida nun espazo protexido xa que incide negativamente na súa conservacion, que é o principal obxectivo da súa declaración”.
Dende o grupo ecoloxista consideran dañinas as campañas de promoción turística que se están a levar cabo dende hai anos en diversos medios de comunicación, algúns extranxeiros, “onde lonxe de incidir nos valores medioambientais do espazo se dedican a propoñer a praia de Rodas como a mellor do mundo”. Puntualizan que no caso das Cíes “é escandaloso o que ven ocorrendo nos últimos anos, e xa era hora de que a administración fixera algo o respecto, esperamos que non sexa espexismo dun día, e que se instale un protocolo de actuación ante os excesos dun cupo xa moi elevado”.
As consecuencias deste exceso van máis aló da conservación do espazo natural, para Luita Verde tamén repercute nos visitantes, “que veñen esperando disfrutar dun día na natureza en tranquilidade e se dan cun canto nos dentes cando ve a romeria na que se converteron”.n

Te puede interesar