nnn Con motivo do seu 30 aniversario, a asociación Doa organizou onte en Afundación a xornada “30 anos de compromiso coa saúde mental”, na que distintos profesionais da saúde mental achegaron as súas experiencias e particulares puntos de vista sobre varias cuestións relacionadas coa rehabilitación en psicose. Nelas participaron profesionais do ámbito da saúde mental, servizos sociais, mediación social, persoas con problemas de saúde mental, familiares e outros representantes da comunidade con interese na promoción da saúde. A asociación Doa leva dende o ano 1987 loitando por mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental en Vigo e dende o ano 2007 no Morrazo. n