Directivos do Hospital de Braga visitaron o Cunqueiro

Directivos do Hospital de Braga visitaron o Cunqueiro
Directivos do Hospital de Braga visitaron o Cunqueiro
Directivos do Hospital de Braga visitaron o Cunqueiro

Directivos do Hospital de Braga realizaron unha visita ao Cunqueiro co fin de intercambiar experiencias e de coñecer os avances tecnolóxicos con que conta o hospital vigués. O xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, e persoal do seu equipo de dirección, falaron da posibilidade de colaborar  en ámbitos asistenciais e de formación cos seus colegas do hospital do norte de Portugal, co presidente do seu consello de administración, Vasco Luís de Mello, á fronte.