vigo

Dez concellos da área conforman en Vigo o grupo turístico "Terras Nobles"

Os alcaldes, onte. Na cabecera, Bravo Bosch e Bas.
photo_camera Os alcaldes, onte. Na cabecera, Bravo Bosch e Bas.

Dez alcaldes da área conformaron onte na sede territorial de Xutna en Vigo a Asociación Municipal Terras Nobles para a creación dun xeodestino turístico. Xunto aos responsables dos concellos, a delegada María José Bravo Bosch amosou todo o seu apoio a esta iniciativa, que parte do Concello de Redondela, e que ten coma obxectivo a promoción económica dos municipios integrantes a través do turismo. Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén, Mos, Salvaterra do Miño, Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario e Tui son os dez socios fundadores, aínda que os Estatutos da asociación permiten a incorporación de novos concellos tras a solicitude do municipio interesado e o acordo unánime dos socios.
Os representantes dos municipios integrantes firmaron os Estatutos e a constitución da asociación ademais de levar a cabo a elección dos seus cargos representativos, saíndo elixido presidente o rexedor de Redondela. Na reunión estiveron presentes os alcaldes de Redondela, Javier Bas; Soutomaior, Agustín Reguera; Pazos de Borbén, Andrés Iglesias; Salvaterra do Miño, Arturo Grandal; Ponteareas, Salvador González Solla; As Neves, Raúl Emilio Castro; Mondariz-Balneario, José Antonio Lorenzo; e a concelleira de Mos  Sara Cebreiro. Javier Bas considerou que esta asociación “pretende amosar a riqueza que existe na nosa área e dala a coñecer fóra”. Terá o seu domicilio no Concello de Redondela e coma órganos unha asemblea e unha executiva. n

Te puede interesar