vigo

Deputación e Abanca renovan o “Plan Activamos” para a provincia

Santiago Novoa, Carmela Silva y Carmen Fernández Penas.
photo_camera Santiago Novoa, Carmela Silva y Carmen Fernández Penas.

A Deputación de Pontevedra e Abanca renovaron o Plan Activamos cunha nova liña de crédito de 50 millóns de euros destinada a financiar, en condicións melloradas respecto ao mercado, a pemes, autónomos, familias e corporacións locais da provincia.

Este programa financeiro inicia a súa cuarta edición consolidado como unha ferramenta clave na inxección de crédito ao tecido produtivo pontevedrés. Nos seus tres anos e medio de vixencia, este plan permitiu impulsar o desenvolvemento socioeconómico da provincia con 180,9 millóns de euros. En total, formalizáronse ata a data 7.895 operacións de crédito. 
Tras rubricar o convenio, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o director de Banca Institucional de Abanca, Santiago Novoa, acompañados pola directora territorial do banco en Pontevedra, Carmen Fernández Penas, expuxeron as principais cifras alcanzadas e as distintas modalidades do programa financeiro. Carmela Silva manifestou a súa satisfacción “porque Pontevedra é a provincia que lidera o número de operacións que supoñen o 40% de todas as que se levan a cabo en Galicia”. Pola súa banda, o director de Banca Institucional de Abanca, Santiago Novoa, afirmou que “esta alianza estratéxica coa Deputación de Pontevedra vai permitir seguir contribuíndo ao progreso socioeconómico da provincia a través da achega de crédito en condicións vantaxosas”. 

Te puede interesar