UNIVERSIDAD

Crean un robot que mellora o control da edificación

A proba piloto tivo lugar nun bloque de vivendas en construción na localidade catalá de Badalona

Un sistema robotizado que reduce custos, axiliza obras e mellora a supervisión da calidade no control de obras de  edificación. Isto son os tres principais logros que se conseguiron con Auto-BIM, un proxecto de investigación enmarcado no programa Retos-Colaboración 2016, financiado con preto dun millón de euros e posto en marcha por un consorcio liderado pola empresa Vías y construcciones e no que tamén participa o grupo de investigación en Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de Vigo. A piques de rematar o proxecto (farao o vindeiro mes de marzo) realizouse unha proba piloto xeral do novo sistema na que participaron todos os socios e na que se demostrou a súa valía.

Para levar a cabo esta proba piloto elixiuse un bloque de vivendas en construción na localidade catalá de Badalona e os resultados acadados demostraron que o software deseñado axuda notablemente á redución de tempos e á sistematización e mellora global no replanteo e control de calidade de obras de edificación, informatizando o proceso de seguimento da evolución de obra e detección de desviacións respecto ao planeado, o que se traduce na redución de custes, axilización das obras e mellora da calidade.
“Este proxecto púxose en marcha co obxectivo de crear e validar unha nova metodoloxía para a adquisición, procesado e xestión de datos espaciais tridimensionais en espazos interiores sen cobertura GNSS, o sistema global de navegación por satélite”, explica Lucía Díaz-Vilariño, investigadora do Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas, ao que engade que, finalmente, a adquisición de datos encárgase de realizala un robot móbil autónomo e os resultados obtidos son integrados en modelos de información estandarizados BIM (Building Information Modelling).n
 

Te puede interesar