vigo

O Correlingua reivindica o galego cunha gran algarada

O alcalde Abel Caballero saudou os rapaces antes de sair de manifestación por Vigo.
photo_camera O alcalde Abel Caballero saudou os rapaces antes de sair de manifestación por Vigo.

Máis de 2.000 estudantes de toda Galicia percorreron Vigo berrando lemas a favor do idioma de Galicia e portando pancartas

 Máis de 2.000 nenos e nenas de 23 centros de educación infantil, primaria e secundaria da área de Vigo percorreron onte as rúas nunha gran algarada para reivindicar o uso do galego na vida cotiá.
A edición número 18 do Correlingua percorreu a cidade baixo o lema central "A lingua non para" o que se uniron outros moitos ideados polos propios rapaces. Cada centro aportou a súa propia imaxinación para acompañar a marcha, pancartas, tambores e carteis paseáronse por Vigo pola mañá.
Os rapaces, procedentes de Vigo, Mos, As Neves, Gondomar e Nigrán; concentráronse a primera hora na Praza do Rei, onde A Orquesta Pantasma ofreceu un pequeno recital musical a prol do uso do galego animando os rapaces. A continuación tomou a palabra o alcalde, Abel Caballero, quen sinalou que "o máis fermoso é falar a lingua de cada un" e destacou a importancia de estar "sempre camiñando" no uso do galego e rematou con varios vítores que repetiron os rapaces: "¡Viva a lingua galega!¡Viva o Correlingua!¡Viva Vigo!¡Viva Galicia".
A continuación os diferentes centros emprenderon o seu camiño dende Camelias hacia Castrelos, onde se celebrou a gran festa final. Os máis pequenos disfrutaron da actuación no parque da banda "Pakolas" mentres que os maiores deron lectura dun manifesto revindicativo para a continuación disfrutar da actuación de "Oh Ayatollah", un dos grupos gañadores do proxecto Cantalingua.

Te puede interesar