BENITO SANTOS Cura xesuíta e portavoz de Gañemos Vigo

"Co impulso do papa francisco estamos máis alentados para continuar na loita"

Benito Santos da misa e é voceiro de Gañemos.
photo_camera Benito Santos da misa e é voceiro de Gañemos.

Benito Santos, cura obreiro xesuita, foi un dos líderes sindicais, como militante de USO, que participou moi activamente no conflito durante anos da empresa Ascón, que protagonizó unha folga durante oito meses, o período máis longo que se produciu nunha empresa española en toda a historia. Xubilouse como enfermeiro en 2004 tras máis de 20 anos de actividade neste sector. 

CC OO de Vigo outórgolle o premio “Primeiro de Maio” ao compromiso social e á solidariedade porque “soubo adaptar a doutrina social da Igrexa aos grandes cambios que se producían no conxunto do país”. Na actualidade é un dos portavoces de Gañemos Vigo, a nova plataforma electoral. Logo dunha longa charla tomando café, cando se facían as 7 da tarde, Benito Santos tiña que marcharse ata o barrrio de San Xuan do Monte, onde  impartía misa.

¿Cal é a súa actividade actual?
Como sempre milito na HOAC (Hermandad Obrera de Acción Católica). O noso compromiso é cos grupos sociais máis exluidos da sociedade que están afectados polo paro, especialmente cos inmigrantes, a muller e a familia.  Dou misas en galego durante a semana e en castelán os fins de semana.
¿Como cura obreiro sufriu persecucións?
Sufrín como tantos militantes do movemento obreiro persecucións. Despedíronme tres veces, unha delas non chegou a cumprirse, debido á amnistía de 1976. En Ascón sancionáronme con seis meses de emprego e soldo cando era aínda traballador dunha auxiliar. Sufrín un xuízo no Tribunal de Orden Pública por asistir a unha manifestación e defender a uns compañeiros. Fixéronme varios requerimientos notariales por intervencións nas asembleas de empresas. Ademais a Garda Civil, en varias ocasións, quixo verificar os términos nos que falo nas homilías das misas dominicales.
¿Non pensa que a súa condición de sacerdote é contradictoria coa actividade política?
Como crente e cura sigo os ensinos de Cristo e aposto por comprometerme cos máis necesitados intentando conseguir unha sociedade máis solidaria e xusta. Unha sociedade cristiá. Cos novos impulsos que está dando o noso novo Papa Francisco sentímosnos máis alentados de continuar a nosa loita.
¿Cómo nace a súa participación de Gañemos Vigo?
Esta é unha iniciativa de cidadáns que na maioría dos casos coñecémosnos desde fai moitos anos e que vimos loitando nos distintos movementos sociais. Neste caso coincidimos de que é necesario un verdadeiro cambio de gobernar a nosa cidade e para iso queremos Gañar Vigo para a cidadanía.
¿Cómo valora a actual situación de Vigo?
Un novo tempo está percorrendo a nosa cidade. Os resultados electorais das europeas sinalaron que a cidadanía comeza a estar farta dos políticos que nos gobernan. Entre os que votaron por candidaturas progresistas, cidadás, de esquerdas, mais o que optaron pola abstención consciente, somos a maioría. Un grupo de cidadáns de distintas actividades, pensamentos e pertenzas políticas, que queremos a Vigo e vimos loitando por un Vigo mellor, máis democrático, máis participativo e máis habitable, pensamos que é posíble e necesario gañar Vigo para a cidadanía.
¿Quen son os seus adversarios?
Como di o Manifesto de Gañemos Vigo, os partidos do sistema converteron á nosa cidade nunha urbe onde reina o cemento e a insolidariedade. Onde humanizan as beirarrúas, cando se debería humanizar as políticas sociais ao servizo para os máis necesitados. Os que amamos Vigo debemos de dar un paso histórico na cidade olívica co obxectivo de gañar as  próximas eleccións municipais e poder desenvolver políticas ao servizo da maioría social.
¿Como se articulara este proceso de confluencia ciudadano?
É preciso iniciar un proceso que implique a moita xente e permita traballar a partir de obxectivos concretos. Este proceso non pode comezar cun programa electoral pechado. As propostas para transformar a nosa cidade e as súas institucións teñen que ser elaboradas de xeito colectivo.
Como será a confluencia: ¿un acordo de partidos ou de cidadans?
Este proceso debe de confluír nunha candidatura cidadá plural e transversal onde o conxunto da cidadanía poida ser o axente activo deste proceso de acumulación de forzas e confluencia popular. Para iso debemos terminar co dogmatismo, o sectarismo, os vetos, as exclusións e as imposicións. A nosa confluencia debe ser programática e ao servizo da cidadanía e non dos mesquiños intereses partidarios.n

Te puede interesar