vigo

A clave do bo amor, ser unha laranxa completa

Chis Oliveira e Amanda Traba..
photo_camera Chis Oliveira e Amanda Traba..

Chis Oliveira e Amada Traba presentan “Ám@me” en Librouro o día 12

 Amigas, compañeiras e cómplices noutros proxectos literarios, Chis Oliveira (profesora de Filosofía e promotora do Comando Igualdade no IES Alexandre Bóveda) e Amada Traba (socióloga na Universidade de Vigo) asinan o novo título da colección Feminismos de Galaxia, “Am@me”, un ensaio de 350 páxinas sobre o concepto actual do amor. “A reflexión inicial parte dun faladoiro sobre amor nos tempos complexos que vivimos, pretendemos desmontar os estereotipos e redefinir o amor dende os cambios sociais en igualdade e loita feminista da segunda metade do XX, pero tamén ante a hipermodernidade de satisfacción inmediata, sen compromiso e sen sacrificio; é un novo modelo que afecta á economía”, apunta Traba, que asegura que o obxectivo non foi tanto dar solucións como “plantexar distintos puntos de vista”.

Para Oliveira é importante destacar as distintas lecturas que ofrece: “Interésanos un público amplio, dende a mocidade, os que están en formación e os que teñen xa moita lectura sobre o tema”. Con poesía e subtítulos con cancións de The Cure como  “Boys don´t cry?” o de Fugees como “Killing me softly” danlle esa frescura de enganche cos máis novos. Ante o feito de que nos primeiros amores persiste en moitos casos o machismo, Traba asegura que “non é tan doado desfacerse duns modelos que nos inculcaron dende a nenez, ás persoas constrúenos para amar de certa maneira e reproducímolo; a modernidade non cae o ceo, hai que traballar moito para modificar o mal amar”. Poñen o foco nos mitos románticos promulgados dende o cine, a literatura ou as redes sociais.
A prol da xuventude apunta que si ben é machista doutro xeito, sinala que agora “decatámonos porque nos chama a atención un comportamento que ata non hai moito estaba completamente interiorizado, e aínda somos moito de ve -la palla no ollo alleo”.
No capítulo final, o dez, baixo a banda sonora de “Love me tender”, de Elvis Presley, adéntranse no modo en que se educa no mal amor. Así, Chis aclara que máis que un amor sano, débese perseguir o “ben amar”, xa que se “se aprende a amar, temos que aprender a facelo ben, e non un amor que maltrate, que impoña, domine e someta; temos que buscar un amor que nos produzca pracer e que logre facernos o máis felices posible; cando nos enamoremos, non temos que aspirar a ser medias persoas, nen medias laranxas de ninguén, senon unha laranxa completa, persoas enteiras que non renuncien a súa individualidade e que estea con alguén que lle axude desde desenvolvimento persoal”.
Nun amor moderno e contemporáneo, para Oliveira e Traba, o compromiso é fundamental, aínda que son conscientes de que “non está ben visto nesta sociedade, onde o que non funciona desbótase e búscase outra cousa, galopando dunha relación a outra”. Máis advirte que o compromiso, non significa aguantar: “O ben amar do noso tempo baséase nas tres R: Recoñecemento, Reciprocidade e Redistribución”.
As autoras presentan “Ám@me” o mércores 12, ás 20 horas, en Librouro.n

Te puede interesar