vigo

Chévere leva a Valle Inclán a un ‘Reality’ co Centro Dramático Galego

Paloma Vela, Fefa Noia e XRon, onte no teatro García Barbón.
photo_camera Paloma Vela, Fefa Noia e XRon, onte no teatro García Barbón.

 O grupo Chévere ofrecerá, en colaboración co Centro Dramático Galego, unha revisión de “Divinas Palabras”, de Valle Inclán, no teatro García Barbón. Baixo o título “Divinas Palabras Revolution”, traslada á trama da aldea a un reality show de televisión, xa que tal e como apunta o seu director, esta realidade xa non existe, perdeuse. “Pensamos que un plató é o referente actual porque representa a perda absoluta de identidade propia; o formato de programa pode supor un contexto familiar para o espectador que nos interesa, ese público que áinda non se atreve a entrar nun teatro; se quere algo forte, que apague a televisión e sente na butaca”, afirmou XRon, director da peza, quen asegurou que é un xeito de enfrontarse a si mesmo.
Con esta invitación, presentou onte, xunto a Paloma Vela, de Afundación e a Fefa Noia, directora do Centro Dramático Galego, unha adaptación ao galego da obra de Valle Inclán. XRon recoñeceu que “é unha revisión moi política, porque concebimos o teatro como un espazo político onde entrar en diálogo co espectador”. O primeiro obxectivo foi analizar se segue vixente o retrato duro de miseria humana que fai Valle Inclán da sociedade de comezos de século. “Pretendemos unha visión madura do teatro de Valle, que sempre perde forza cando se monta en Madrid porque convirten unha proposta indómita nun teatro costumbrista”, sinalou XRon.
“Divinas Palabras Revolution” representarase en dúas funcións mañá e o venres, ambas ás 20.30 horas. Las entradas xa están á venta a través de ataquilla.com dende 6,30 euros.

Te puede interesar