vigo

O 'Caxato de Avelino' chega a Vigo da man de Valentín Arias

A viúva de Valentín Arias, Amparo Castaño, recibíu o Caxato de Avelino Pousa Antelo e unha ilustración de Heitor Picallo. Fixeron a entrega Mini e Mero, encargados de amenizar musicalmente o acto que se celebrou en Teo.
photo_camera A viúva de Valentín Arias, Amparo Castaño, recibíu o Caxato de Avelino Pousa Antelo e unha ilustración de Heitor Picallo. Fixeron a entrega Mini e Mero, encargados de amenizar musicalmente o acto que se celebrou en Teo.

A súa familia recolleu a distinción a título póstumo polo seu compromiso co país e coa cultura

nnn Amparo Castaño, viúva de Valentín Arias, recibíu onte o ‘Caxato de Avelino’, distinción que entregan as irmandades Pousa Antelo  e Manuel María, xunto coa asociación Xermolos na data do pasamento do intelectual Avelino Pousa Antelo. O bastón recoñece o compromiso co país e coa súa cultura, que neste caso amáis ven reforzado pola relación persoal entre Pousa Antelo e Valentín Arias. 
Así, Arlindo López, quen fora o cronista oficial de Sarria, expricou como coincidiron na escola de Barreiros neste concello lucense, onde Arias pasou de alumno a tomar a testemuña ao fronte das aulas. Recoñeceu o papel de toda a familia de Valentín Arias, asentada dende 1969 en Vigo, na defensa da lingua e na recuperación da tradición. Neste punto, Arlindo López tivo unha lembranza para  a poeta Xela Arias, filla de Valentín, falecida prematuramente en 2003. Rematou a súa intervención lembrando a aportación do homenaxeado ás explotacións frutícolas; ao ámbito editorial dende Galaxia, de onde foi xerente, e Xerais; ao campo de Cultura, dende a Fundación Penzol e numerosas asociacións implicadas  coa lingua e a literatura, e finalmente, destacou a súa pegada deixada na docencia dende o CEIP de Sárdoma.
O acto tivo lugar na Casa Consistorial de Teo e contou coa presenza do alcalde Rafa Sixto entre o público, quen non falou por causa do loito institucional ante o atentado de Barcelona. Si tomaron a palabra David Otero e Alfonso Blanco, en nome das irmandades convocantes e Juan Carlos Arias, pola familia. Fillo de Valentín, asegurou que recibían o Caxato como unha grande honra “xa que Avelino era un pai para o noso pai e un avó para nós”.n

Te puede interesar