Medio século de existencia nunha agrupación folclórica é moi tempo. Iso opina Emilio Sotelino, o actual director de Lembranzas Galegas e un dos seus membros fundadores cando xurdíu en 1963 na casa de Maruxa Méndez, en Barreiro.
Ensaiabamos na sala de festas Astoria que estaba pegada a súa casa, lembra Sotelino, que recoñece que nestos 50 anos o grupo pasou por moitas etapas, pero sobre todo, por el pasaron moitos vigueses: Calculamos que formaron parte de Lembranzas Galegas máis de 250 bailaríns, aos que hai que engadir os gaiteiros e as pandereteiras que viñeron despois, e a tódalas familias que movilizaban. Moitos xa están localizados, pero quedan algúns dos que xa non hai pistas: Os dos primeiros tempos, cando non tiñamos ordenador, non sabemos como contactar e queríamos que todos os que nalgún momento formaron parte de Lembranzas Galegas, compartan connosco a celebración do 50 aniversario, apunta Sotelino. Os interesado en contactar co grupo poden facelo en [email protected] ou no Centro Social do Calvario, onde ensaian.
Para conmemorar unha data tan sinalada, o 16 de novembro organizarán un festival, onde bailarán as agrupacións actuais, pero tamén os veteranos, en total catro xeracións de vigueses. Os primeiros integrantes xa comezaron a ensaiar a peza que interpretaban, a Muiñeira Vella. A meirande parte destes pioneiros integran a coral Lembranzas. Como aperitivo desta grande gala, Lembranzas Galegas ofrecerá unha actuación con tódolos seus grupos o 9 de agosto, durante o Festival Folclórico Internacioanl, Interfolc, do que é organizador.
O broche de ouro polo medio século de existencia porao un libro que recolle a traxectoria, e os participantes de Lembranzas Galegas. O obxetivo que se marcan para os vindeiros anos é recuperar a escola de baile, porque un grupo sen nenos non ten futuro, indica o director.