vigo

Castros musealizados, xoia do turismo arqueolóxico

Os achádegos atopados na Lanzada durante a excavación de 2017.
photo_camera Os achádegos atopados na Lanzada durante a excavación de 2017.

A Deputación investíu 3,5 millóns de euros na adecuación de 18  xacementos, que finalizará coa actuación d e Fomento

nnn A Deputación e o Ministerio de Fomento colaboran na posta en valor de dezaoito xacementos galaico romanos da provincia de Pontevedra. “Levamos a cabo os traballos que nos correspondían, actuamos en todos os xacementos para escavar, restaurar, consolidar e realizar levantamentos topográficos deixando pendentes as limpezas para cando o Ministerio de Fomento inicie a súa parte do protocolo que é a musealización”, detallou a presidenta, Carmela Silva.  En total, as tarefas desenvolvidas supuxeron un investimento de 3,5 millóns de euros para a recuperación do patrimonio arqueolóxico. 
En Santa Trega (A Guarda) realizáronse dúas intervencións de limpeza e escavación, entre o 2015 e o 2016, e de consolidación, no 2018, cun orzamento de preto de 700.000 euros. En total, neste xacemento saíron á luz 43 novas estruturas, un tramo de muralla e máis de 40.000 pezas, entre as que destaca o “Cabezón do Trega”, que permitiron documentar a ocupación dende o século IV A.C.
Na Lanzada tamén se executaron dúas fases de intervención entre os anos 2016 e 2017 nas que se investiu preto de 300.000 euros.  Neste xacemento documentáronse 16 estruturas e ampliouse a superficie ocupada pola primeira factoría de salgados prerromana documentada no Noroeste peninsular. Amais tamén se achou unha estrutura rectangular datada no século IV que podería ser un edificio relixioso, apareceron 17 inhumacións das que 14 correspondíanse con individuos menores dun ano e máis de 21.000 pezas entre as que destaca un puñal de bronce datable entre os séculos VIII e o IV A.C 
No monte do Castro (Ribadumia), no que se investiu máis de 180.000 euros, leváronse a cabo tarefas de consolidación-restauración entre setembro de 2017 e maio de 2018, actuando sobre un total de 18 estruturas e máis de 70 metros lineais de muralla, ademais da entrada monumental do castro. Tamén se realizaron traballos de escavación perimetral que permitiron sacar á luz a empuñadura dun puñal de antenas de ferro datado entre os séculos II e o I A.C.
No Facho realizouse un investimento de 234.000 euros para impulsar traballos de escavación e restauración, desenvolvidos entre o 1 de xuño e o 19 de decembro de 2018, que sacaron á luz ata 3.651 pezas que permitiron centrar a cronoloxía do xacemento entre o I AC. e o século primeiro.  
En Alobre (Vilagarcía), onde se investiron 152.000 euros, impulsáronse dúas actuacións entre os anos 2016 e 2017 para a escavación e restauración. Na primeira fase, cuadripolicouse o espazo visitable ao castro e atopáronse 9.310 pezas entre as que destaca un Askós de procedencia ibicenca.  Na segunda fase saíron a relucir ata más de 2.000 pezas novas.
No Mercado dos Mouros (Valga) levouse a cabo unha campaña de ata 14 sondaxes arqueolóxicas entre abril e xuño do 2016, cun investimento de máis de 48.000 euros, para valorar o tipo de restos existentes. En total apareceron catro estruturas, tres circulares e unha rectangular que permitiron sacar á luz que se trataba dunha aldea delimitada por unha cerca de pedra datada entre o século II ANE e o século I. Neste xacemento apareceron 2.000 pezas, principalmente cerámicas galaicas e algún fragmento romano.
Tamén se realizou unha limpeza en Adro Vello (O Grove), unha valoración arqueolóxica de danos polos incendios do xacemento de Troña en Ponteareas e Taboexa nas Neves, e os levantamentos de Penalba (Campo Lameiro), Alto da Cruz (cotobade), Alto dos Cubos (Tui) e Taboexa (As Neves).
A recuperación do patrimonio englobase na aposta da Deputación pola turismo arqueolóxico.n

Te puede interesar