vigo

Carmela Silva participa nun foro internacional sobre Seguridade Vial

Carmela Silva, entre o ministro de Fomento, José Luis Ábalo, e o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, en Perú.
photo_camera Carmela Silva, entre o ministro de Fomento, José Luis Ábalo, e o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, en Perú.

 A presidenta Carmela Silva e o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez iniciaron onte a súa participación no VI Congreso Ibero-Americano de Seguridade Viaria que se celebra en Perú.

A protección dos sectores máis vulnerables nas estradas son a prioridade da Deputación de Pontevedra no próximo decenio en materia de seguranza viaria. Así o aseguraron a presidenta provincial Carmela Silva e o deputado de Mobilidade Uxío Benítez no VI Congreso Iberoamericano de Seguranza Viaria que dende onte e ata o xoves se celebra en Lima reunindo a centros de representantes políticos e persoal técnico.


Silva e Benítez compartiron xornada na inauguración co ministro de Transportes e Comunicacións do Goberno de Perú, de Edmer Trujillo Mori; o ministro de Fomento español, José Luis Ábalos Meco; a ministra de Saúde do Perú, Silvia Ester Pessah Eljay; o ministro do Interior de Perú, Mauro Arturo Medina Guimaraes; o director do Banco Mundial para Bolivia, Chile, Ecuador e Perú, Alberto Rodríguez; o presidente do Instituto Latinoamericano de Investigación y Estudios Viales (ILIEV), Jorge Lazarte Conroy; e o presidente do Instituto Vial Ibero-Americano (IVIA), Jacobo Díaz Pineda.
Foi na sesión plenaria “Visión cero, un obxectivo para o novo decenio” na que comezaron os debates sobre seguranza viaria. Participaron neste punto o director do Observatorio Seguridade Viaria da Dirección Xeral de Tráfico, Álvaro Gómez Méndez, cunha conferencia sobre ‘“Xestión da Seguridade Viaria”, para deixar paso despois a unha mesa redonda na que, ademais da presidenta Carmela Silva interviñeron o director do Banco Mundial para Bolivia, Chile, Ecuador e Perú; a asesora do Ministerio de Saúde do Perú, Tania Teresa López Zenteno; o xefe de División de Prevención e Investigación de Accidentes de Tránsito da Policía Nacional de Perú, Franklin Barreto Verástegui; e Julio César González Pereira, director Xeral da Autoridade del Tránsito e Transporte Terrestre de Panamá.
Na súa intervención, Carmela Silva puxo sobre a mesa os datos de sinistralidade nas estradas provinciais, autonómicas e estatais da provincia de Pontevedra entre os anos 2007 e 2016. Subliñou que houbo unha clara redución da sinistralidade pola mellora das infraestruturas, a maior concienciación, educación, vixilancia e o carné por puntos. De feito, apuntou que se pasou de 1.666 accidentes con vítimas, 374 hospitalizados e 83 falecidos no 2007 a 1.1163 accidentes con vítimas, 180 hospitalizados, e 30 falecidos no 2016, tendo unha redución do 30%, o 51% e o 64% respectivamente. Silva apuntou que no caso das vías provinciais pasáronse de 252 accidentes con feridos a 149 (-41%), de 59 a 31 hospitalizados (-47%) e de sete falecidos a cinco (-28%).
Asemade, Silva destacou que para reducir a gravidade dos accidentes nas estradas provinciais estase a traballar na adaptación das estradas ás condicións da súa contorna, facendo que o condutor “entenda” cada estrada e adapte a súa condución ao medio polo que discorre; tomando medidas de seguridade viaria do tipo “estradas que perdoan”, para que unha saída de vía non implique un accidente grave e se transforme nun accidente leve (cunetas de seguridade, sistemas de contención, eliminación de obstáculos.
A participación da delegación pontevedresa continuará hoxe co relatorio de Uxío Benítez.n

Te puede interesar