24 horas

Cantar de Cego para celebrar a chegada a Vigo do Pergamiño Vindel

Cantar de Cego para celebrar a chegada a Vigo do Pergamiño Vindel
photo_camera Cantar de Cego para celebrar a chegada a Vigo do Pergamiño Vindel

 A cidade puido disfrutar onte en distintos escenarios da posta en escea da representación dun Cantar de Cego, antigos romances que se interpretaban de aldea en aldea para dar conta de grandes sucesos e relatos que logo se mantiñan no imaxinario colectivo por transmisión oral. Desta vez, o Cantar de Cego foi composto especialmente para celebrar a chegada a Vigo do Pergamiño Vindel, que contén as sete cantigas de amigo de Martin Codax, o trobador e poeta que cantou ás ondas deste mar no século XIII.
A iniciativa forma parte das actividades que ao longo dos vindeiros meses desenvolverá a Universidade de Vigo, promotora de que este manustrico único poida verse agora no Museo do Mar. O Cantar de Cego foi interpretado polo regueifeiro Luís Correa O Caruncho, no papel de cego, acompañado por Chus Iglesias, no papel de lazarilla. A primeira das actuacións tivo lugar no Mercado de Bouzas e contou coa presenza do vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, Manuel J. Fernández Iglesias. Despois, a representación trasladouse á Praza da Princesa e a Príncipe, perante o Museo Marco.
Esta iniciativa percorrerá toda Galicia. A segunda parada será hoxe, luns, no Mercado de Sabarís, en Baiona, cara as 11 horas.
O Pergamiño Vindel foi cedido polo seu propietario, a Morgan Library & Museum de Nova York para a súa exposición, por primeira vez na historia, fóra de EEUU. 

Te puede interesar