vigo

Camões cumple 20 anos, agora olla cara ao Norte

O acto contou con representantes políticos e da vida cultural.
photo_camera O acto contou con representantes políticos e da vida cultural.

Carla Amado, directora do Instituto, exerceu de anfitriona onte na conmemoración polo aniversario da estadía en Vigo

 O Instituto Camões cumple mañá 20 anos na cidade. Carla Amado, a quinta directora ao fronte do centro cultural, presidíu onte o acto institucional pola celebración. “A nosa estancia en Vigo ten sido moi positiva para o aproximamento da cidade á nosa realidade; se ben os galegos síntense gran interés por Portugal, só coñecen o norte do país, dende o Camões queremos servir de espello da realidade cultural de todo o país, tamén a do sur”.
Amado marcouse un obxetivo claro para os vindeiros anos: “Temos grande dificultade para saír de Vigo, chegar ao norte de Galicia é o noso próximo obxectivo; tennos resultado moi complicado ata o de agor”. Asemade, aposta por converter o Camões nun centro coordinador das actividades de difusión da cultura lusa: “Sabemos que hai moitas institucións que de xeito particular xa teñen traballado para promocionar Portugal, se o facemos xuntos seremos máis productivos”.
Entre as propostas que máis interesan aos galegos atópase o teatro, o portugués con un número elevado de alumnos que estudan a lingua a través do Camões que se engaden aos da Escola de Idiomas e o cinema portugués, “aínda que tamén temos moito público nos concertos ou nas exposicións”.
A sede do Instituto Camões é na Casa Arines, que une a residencia de Pazos-Figueroa e a Torre Ceta, ás dúas edificacións civis máis antigas da vila. O inmoble foi cedido polo Concello en 1998. A presenza no Casco Vello involucra ao Instituto na vida cultural do barrio, así o primeiro acto de conmemoración dos 20 anos en Vigo tivo lugar durante a Reconquista, na que Portugal xogou un importante papel a través das participación do teniente Almeida.
Actividades como a exposición fotográfica sobre a relacións entre Vigo e Oporto en 1901 abriron o cartel que seguirán hoxe, ás 21 horas, cun concerto de jazz polo Iberian Roots Trio en homenaxe a Bernardo Sassetti e a representación teatral, “Uma casa, muitas vis(i)tas”, polo grupo Amador, a compañía do Instituto Camões, ás 18 horas. A montaxe está inspirada na historia dos inmobles que serven de sede viguesa.
 

Te puede interesar