Os Bolechas convidan a falar

Os Bolechas viaxaron ata Vigo para inaugurar a súa exposición en prol do galego. Xunto a eles, Tomás Valín, da editorial Bolanda; Xosé Leal e Carlos Font.
photo_camera Os Bolechas viaxaron ata Vigo para inaugurar a súa exposición en prol do galego. Xunto a eles, Tomás Valín, da editorial Bolanda; Xosé Leal e Carlos Font.

Os irmáns con máis sona da literatura infantil exercen de anfitrións na exposición con xogos interactivos na Praza do Rei ata o domingo 16, promovida dende a Deputación

 Dende a ‘Porta das palabras’, pasando polo xogo das variedades dialectais , os Bolechas invitan a rapazada a chegar ata o ‘Faladoiro’, o gran teatro dos diálogos onde comparten as súas aventuras e participar de viva voz no concurso que propoñen os audiovisuais. 
Unha piscina de bolas, unha área inmersiva e multisensorial, un gran karaoke, unha zona touch e de experimentación con xogos táctiles de destreza, debuxo ou pintura e por último, o gran mapa da linguas concibido como un xogo da oca no que o taboleiro  completan esta mostra, ‘Gatiños, Ghatiñas, Gatíos. Xeitos de falarmos galego’. Permanecerá instalada na Praza do Rei de Vigo ata o día 16, en horario de 10 a 13:30 horas e de 16 a 20 horas, de luns a venres. Os sábados, domingos e festivos o horario é de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas. Xa reservaron visitas de grupos escolares de toda a comarca, que teñen adxudicadas as mañás, o resto pode acudir de tarde.
A exposición, organizada pola Deputación de Pontevedra no marco do Ano da Lingua, abríu oficialmente as súas portas onte pola tarde coa presenza dos irmáns e irmás Bolechas, Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, que viaxaron ata Vigo para darlle a benvida e saudar á rapazada e ás familias que se achegaron ata a Praza do Rei. Tamén estiveron presentes o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, o deputado de Cooperación, Carlos López Font, e Tomás Valín representando á Editorial Bolanda.
A mostra tamén dispón de material de apoio e complementarios, como son as unidades didácticas deseñadas ad hoc.

Te puede interesar