DÍA DAS LETRAS EN VIGO

Boa acollida de ‘O Cataventos’ polos lectores de Atlántico

O lector adquiríu o conto de María Victoria Moreno onte co Atlántico.
photo_camera O lector adquiríu o conto de María Victoria Moreno onte co Atlántico.

Atlántico e os seus lectores celebraron o Día das Letras Galegas coa recuperación dun dos éxitos da escritora homenaxeada, María Victoria Moreno.

Así, coa compra do exemplar do día, onte tamén se podía adquirir no kiosco o relato “O Cataventos”, da editorial Urco. No caso dos suscriptores, puideron facer o pedido previamente por teléfono.


Con ilustracións de Lara Torres, a nova edición de “O Cataventos” foi moi ben acollida entre os usuarios, que tiveron así a posibilidade de adquirir unha obra descatalogada ata este ano. En moitos casos, a promoción era coñecida polos compradores  que a  pedían directamente; noutros, era o propio vendedor que informou da mesma, recibindo unha resposta moi positiva entre os lectores.


A súa primeira edición foi en 1989, con debuxos de Carmen Peris, onde tamén se suman o mundo da fantasía e da realidade, para acompañar unha trama fabulada destinada aos primeiros lectores. Este conto é un bo exemplo do uso de María Victoria Moreno da literatura para trasladar aos nenos mensaxes positivas a través dos sucesos. No caso de “O Cataventos” fai unha metáfora sobre a liberdade.

Te puede interesar