O bispo ordea dous novos diáconos para Tui-Vigo

O domingo 21 de abril, cuarto domingo de Pascua, domingo do Bo Pastor, ás 18 horas na Catedral de Tui, o bispo Luís Quinteiro iniciará a concelebración eucarística na que conferirá aorde do Diaconado ós seminaristas Gonzalo Otero Martínez de 23 anos e natural de Arcade; e a Telmo Lago Mediero de 40 anos, de Vigo.
Logo dun tempo exercendo este ministerio nalgunha parroquia o bispo ordenaralles de presbíteros. Serán diáconos transitoriamente, aos cales confíreselles este ministerio por un período limitado de tempo, ata culminar os seus estudos e ser ordenados presbíteros polo bispo. Polo tanto, os presbíteros (sacerdocio ministerial) son usualmente ordenados con anterioridade en calidade de diáconos transitorios (é dicir, tránsito cara ao presbiterado).

As funcións dos diáconos son as mesmas que un crego, agás celebra-la eucaristía e perdoas pecados. Por tanto, poden proclamar o Evanxeo, predicar e asistir no altar; administrar o sacramento do Bautismo, presidir a celebración do matrimonio e conferir os sacramentales. Ademais, poden dirixir a administración dalgunha parroquia e presidir as celebracións dominicais en ausencia de presbítero, aínda que non consagren.