vigo

Arrólate, contos e música con bebés

Bea Campos con "Contos do chupete" estará no programa "Arrólate".
photo_camera Bea Campos con "Contos do chupete" estará no programa "Arrólate".

O verán traerá unha das propostas de lecer máis novidosas "Vigo arrólate", un proxecto do Concello para familias con bebés aos que queiran transmitir contos e cancións en galego.

Contos, música, teatro, xogos e espectáculo serán os ingredientes de “Vigo arrólate”, un programa da Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración coa Concellaría de Xuventude e a Biblioteca Neira Vilas que durante dez días chegará a familias con pequeños de até os dous anos. Unha proposta para desfrutar en galego porque o que os nenos escoiten prenderá neles, ese é o obxectivo.
As actividades comezarán o 2 de xullo e rematarán o día 30 e serán luns, mércores e venres na Biblioteca Neira Vilas e na Casa da Xuventude. As artistas Bea Campos, Raquel Queizás, Mailúa e Noite, Soledad Felloa e Cé Orquestra Pantasma serán os que porán todo da súa parte para que as familias e os bebés gocen coa experiencia.
Haberá un máximo de 25 bebés por actividades e un máximo de dúas persoas adultas por crianza.
As actividades darán o pistoletazo de saída o día 2 de xullo na Casa da Xuventude (11.30) con Bea Campos e os seus “Contos do chupete”, unha sesión de contos para bebés con música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. O 4 será turno de Cé Orquestra Pantasma con “Fíos do querer” na Casa da Xuventude  (11.30) con 24 agarimosas cancións; o 6 de novo Bea Campos con “Contos no colo” (Neira Vilas, 18.30), sesión de contos, cantos e arrolos para bebés nos seus primeiros meses de vida.
O 9 de xullo será o turno de Mai Lúa e Noite con “Cantos contos” (Casa da Xuventude, 11.30) que a través de sons, sinxelos xogos e cantigas achegarán aos cativos un mundo de cores, sonoridade e movementos. O 13 chegará Raquel Queizás á Neiras Vilas (18.30) con “Toín, Toín”, que repetirá o 16 na casa da Xuventude. O 20 “A viaxe de Lup” de Soledad Felloza (Neira Vilas 18.30) a historia do lobo Lup que foi dar a volta ao mundo con sons, versos e pequenos obxectos. O 23 Bea Campos (Casa da Xuventude, 11.30) voltará con “Contos no colo”, o 27 farán doblete Cé Orquestra Pantasma y Bea Campos o primeiro na Casa da Xuventude e a segunda na Neiras Vilas e para rematar o 30 de xullo Soledad Felloza voltará a darlle vida a Lup na Casa da Xuventude.
A partir do vindeiro martes 19 de xuño poderán reservarse as prazas, ata que se esgoten, nas actividades. As da Casa da Xuventude chamando ao 986 29 48 06 de 9 a 13 horas. Nas actividades da Biblioteca Neira Vilas chamando ao 986 26 77 59 ou presencialmente na propia biblioteca ou enviando os datos a [email protected]. n

Te puede interesar