Aqualia celebra o Dia Mundial da Auga cos premios a escolares

García Ibáñez e Isaura Abelairas con os premiados.
O Concello de Vigo e Aqualia, empresa concesionaria do ciclo integral da auga de Vigo, celebraran onte o Día Mundial da Auga coa entrega de premios do Concurso Internacional de Debuxo Infantil “A auga, o noso mellor valor” dirixido a escolares de 3º e 4º curso de Primaria.
A concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas acompañada polo director territorial de Aqualia José Luís García Ibáñez e o Director UTE Vigo, José María Ardoy, foron os encargados de entregar os premios aos 8 alumnos premiados. Entre os premiados está, Lucía Fralleone Villar do colexio María Inmaculada (Irmás Carmelitas), que resultou ser unha dos dez gañadoras individuais do concurso a nivel nacional e os 7 escolares restantes recibiron o premio finalista.

Ábrese agora o prazo de presentación da IX edición do concurso de debuxo “A auga, o luxo máis transparente. Dálle cor!”. Finalizará o 29 de abril e o tema serán as ideas dos nenos para coidar e coñecer ben a auga. A organización do certame remitirá aos centros o material necesario para participar.

Te puede interesar