vigo

Antigos alumnos do Rosalía de Castro preparan o rencontro

20140819192422868

hai uns meses xurdíu en vigo a fundación escola rosalía de castro para levar adiante as ideas 
que se imparten 
nas súas aulas

 “A escola Rosalía de Castro sempre foi máis que un centro de ensino, agora dende a fundación tentamos levar adiante as ideas que se imparten nas súas aulas”. Con estas palabras define Julio Ferro o espírito da Fundación Escola Rosalía de Castro, que xordíu hai uns meses e que o vindeiro 30 de agosto prepara o primeiro encontro de antigos alumnos. “A escola xa cumpríu os 50 anos funcionando e queremos que todo o mundo que estivo vencellado a ela acuda a formar parte desta iniciativa”, sinalou Ferro, que antigo docente do Rosalía de Castro, ampía a invitación a ex-profesores, pais e nais de ex-alumnos e tamén a amizades que non pasen pola escola, “dalgún xeito tamén están relacionados coa súa ideoloxía”. Para ese día de festa se ten preparado un programa moi especial, encabezado polo nomeamento oficial de Antía Cal, fundadora da escola, como presidente de honra da Fundación. Tamén haberá partidos de fútbol, unha ludoteca para os máis pequenos e un momento para matar a nostalxia musical coa recreación dun guateque con música dos 70 e 80. Por último preparan unha actividade de colaboración coa ONG ‘A las cinco’ do tipo dunha subasta benéfica”.
O encontro do día 30 suporá a presentación da Fundación á comunidade do Rosalía de Castro coa fin de adherir novos colaboradores e afrontar retos máis ambiciosos como a creación dunha bolsa de emprego.
Entre os nove padróns fundacionais atópase o director da escola, representantes dos profesores, dos alumnos e dos pais: “Un deles é a primeira familia que chega as tres xeracións estudando na escola”, sinala Ferro.
A Fundación intégrase ao igual que a propia Escola na Asociación Rosalía de Castro. Destes meses de existencia xa apoiou proxectos culturais como os premios David Russell, na Semana Matemática Imatxina ou na Rosaliga.n

Te puede interesar