VIGO

Adega presenta alegacións contra o Porto Seco de Vigo

A asociación ecoloxista galega está en contra da plisan ou porto seco de vigo polo gasto sen demanda

A Asociación Defensa Ecolóxica de Galicia, Adega, anunciou que xa presentou alegacións "ao enésimo intento da Xunta de dotar de contido" ao maior polígono industrial de Galicia, a Plisan ou Porto Seco de Vigo, de tres millóns de metros, entre Salvaterra e As Neves. "Despois de 15 anos e máis de 120 millóns gastados", Xunta, Autoridade Portuaria e Zona Franca de Vigo van "achegar" outros 36 millóns para "urbanización e acondicionamento", di Adega. Para a asociación ecoloxista a Plisan "é o exemplo máximo da absurda política de promover enormes polígonos industriais non como medio senón como fin en si mesmo. Sen ter en conta a demanda, as sinerxias con outras instalacións similares e próximas e sen considerar aspectos tan fundamentais como a culificación urbanística, a propiedade do chan e as servidumes, a tramitación desta infraestrutura é exemplo máximo de chafallada e desbaldimento de cartos públicos".  
Engade Adega que o resultad sería diversas sentenzas que obligaron a Xunta, Autoridade Portuaria e Zona Franca de Vigo a excluir unha cuarta parte da superficie inicial e a indemnizar aos expropiados, gastando outros 7,7 millóns en compensacións. Engádense pois aos máis de 100 millóns xa gastados e aos 22 dunha autovía propia (AG-51, curiosamente denominada "ecopista") "construida e actualmente sen uso, agás para practicar ciclismo ou pasear, xustificando agora ou seu paradóxico nome".
"Agora as tres administracións veñen de anunciar, coindindo casualmente cun ano eleitoral, o "investimento" doutros 36 millóns en catro anos para, entre outras cousas, construir unha rede de traída de auga e sumidoiros para as inexistentes industrias, ademais dunha depuradora", di Adega na súa nota.n

Te puede interesar