UNIVERSIDAD

Vigo axudará na creación dun laboratorio industrial en Arxelia

Membros do consorcio, onte en Miralles.
photo_camera Membros do consorcio, onte en Miralles.

Educación e industria. Europa e África. Presente e futuro. O proxecto ANL-MEd une estes binomios para proporcionar á industria de Alxeria unha nova xeración de persoal cualificado a través da creación no país africano dun laboratorio nacional de mantemento industrial dende o punto de vista da educación. Os catorce socios deste consorcio reúnense esta semana no campus de Vigo, na que é a primeira reunión fóra de Alxeria dende que arrancou o proxecto en febreiro de 2018. En total están implicadas catro universidades europeas, catro alxerinas e varias empresas unidas para deseñar unha oferta académica centrada no mantemento industrial, especialmente en niveis medios e superiores, e asegurar unha formación flexible e continua do persoal da industria a todos os niveis. Trátase, como explican os seus impulsores, “de actualizar o coñecemento segundo o progreso diario da ciencia e da tecnoloxía”, por iso están representadas tantos as universidades como compañías dos sectores implicados. Aos representantes destas entidades que participan este martes e mércores a xuntanza en Vigo deulles a benvida a vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, María Isabel Doval. Destacou o esforzo que desenvolve a UVigo no eido da cooperación internacional e avanzou que pode ser “un interesante punto de partida” para acadar aco dos de colaboración e mobilidade.
 

Te puede interesar