UNIVERSIDAD

Lusofonía e revolución, eixos do Congreso de Mediación Lectora

nnnOrientado a profesorado en exercicio, a futuros e futuras docentes, a técnicos de bibliotecas e a todo tipo de actores vinculados á selección e provisión de materiais de lectura á infancia e mocidade, o II Congreso Internacional de Mediación Lectora celebrará a súa segunda edición entre o 27 e o 30 de marzo, no marco das actividades do X Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Farao situando a lusofonía e a revolución como eixos dun foro que, como explica a profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e coordinadora do congreso, Eulalia Agrelo, achegará ao Pazo da Cultura de Pontevedra “persoas de renomeado prestixio dentro do ámbito da literatura infantil e xuvenil”, chegados desde Brasil, Portugal ou Angola, como o escritor e ilustrador Roger Melo, gañador do Premio Hans Cristian Andersen , “considerado o Nobel da literatura infantil e xuvenil”, ou a escritora, tradutora e ilustradora Marina Colasanti, distinguida co premio iberoamericano de SM.
Promovido polo Concello de Pontevedra, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e a rede de investigacíon Lijmi (Literaturas Infantiles del Marco Ibérico e Iberoamericano), a segunda edición deste congreso xirará arredor da temática que centra o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, as revolucións, “que van a ser vistas desde diferentes prismas”, á vez que terá como “fío condutor” as comunidades lusófonas, explicou Agrelo, que presentou este evento xunto á concelleira de Cultura, Carme Fouces. “O congreso arrincou o ano pasado dando resposta a unha sensación que tiñamos, a necesidade de formación por parte do profesorado e alumnado na literatura infantil e xuvenil”, apuntou Fouces dun evento que “reafirma a colaboración entre Concello e Universidade” e que tivo que aumentar a 150 as súas prazas na súa edición inaugural. n
 

Te puede interesar