UNIVERSIDAD

Esther Pillado entrou no órgano asesor de Justicia

A catedrática Esther Pillado.
photo_camera A catedrática Esther Pillado.

O Ministerio de Justicia nomeo á catedrática Esther Pillado vocal permanente adscrita á Sección de Derecho Procesal.

É a única representante de sistema universitario galego no órgano de asesoramento á ministra de Justicia. “Para min supón un recoñecemento a anos de dedicación ao estudo e investigación no ámbito do Dereito Procesual.

Foi especialmente importante a miña designación tendo en conta que a miña traxectoria profesional desenvolveuse, salvo períodos de estadías de investigación ou docentes noutras universidades españolas e estranxeiras, na UVigo, nova e con pouca tradición no campo do Dereito”, indicou. Pillado é socia do despacho MAIO-Legal e ata este ano participaba na coordinación do Servizo de Mediación Familiar Intraxudicial de Vigo e Pontevedra, que partir de agora xestionarán os colexios de avogados e psicólogos”.
 

Te puede interesar