UNIVERSIDAD

Económicas dará un curso sobre o novo investimento na Bolsa

El profesor José Luis Sáez Ocejo
El profesor José Luis Sáez Ocejo
Económicas dará un curso sobre o novo investimento na Bolsa

nnnConcibido como unha continuación do curso de Introdución á Bolsa, que rematou a súa XVI edición o pasado mes de novembro, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acollerá este mes o arranque do II Curso de Advanced Trading (trading avanzado), unha actividade formativa na que o alumnado terá a oportunidade de ampliar coñecementos sobre o investimento bolsista mediante a aplicación das novas tecnoloxías ás transaccións nos mercados financeiros. Este obradoiro, dirixido por por Jorge Vila e José Luis Sáez Ocejo, está dirixido a titulados universitarios de 1º e 2º ciclo, alumnado da universidade e profesionais directamente relacionados coa especialidad do trading, tendo preferencia de matrícula aqueles estudantes que veñan de titulacións directamente relacionadas cos contidos do programa do curso. O prazo de inscrición, que se realiza a través da plataforma virtual Bubela, xa está aberto e remata o día no que se inicia o obradoiro, o 22 de febreiro.n