UNIVERSIDAD

30 alumnos, na Fase Nacional da Olimpiada de Física en Vigo

Unha trintena de estudantes de 1º e 2º de Bacharelato e de 2º e 3º grao de Formación Profesional de preto de 20 centros da provincia de Pontevedra, daranse cita mañá a partir das 16.00 horas, na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo na Fase Local da Olimpíada de Física.

Ao igual que sucederá nas outras tres sedes locais nas que se celebrarán as probas o vindeiro venres (Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña), da de Vigo sairán tres estudantes que participarán na fase nacional da olimpíada, que terá lugar en Salamanca do 26 ao 29 de abril. “Na fase nacional seleccionaranse os cinco estudantes que acudirán á fase internacional e tamén os catro que concorrerán á fase Iberoamericana”, explica José Luis Legido, coordinador da Fase Local da Olimpíada na Universidade de Vigo, que lembra que nas tres universidade galegas, como en anos anteriores, se realizará a mesma proba ao alumnado que concorre á olimpíada. A Real Sociedad Española de Física pretende divulgar esta ciencia e promover vocacións entre os alumnos.n
 

Te puede interesar