Sociedad

Cultura non se pecha a novas rutas do Camiño de Santiago

Una peregrina del Camino de Santiago, durante la etapa entre Portomarín y Palas de Rei,
photo_camera Una peregrina del Camino de Santiago, durante la etapa entre Portomarín y Palas de Rei,

O conselleiro Román Rodríguez afirma que "hai que estudalas de acordo coa base histórica"

O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, respondeu onte á proposta dos alcaldes que promoven unha nova ruta do Camiño de San tiago por Muros-Noia, e declarou que "todas as propostas son benvidas" pero que "hai que estudalas de acordo coa base histórica e cultural, porque o Xacobeo non é un capricho".
Deste xeito respondeu Rodríguez ás preguntas dos medios de comunicación despois de inaugurar as obras do Edificio  Fontán na Cidade da Cultura, e puxo especial énfase na necesidade de que as propostas deben ter unha "base histórica e cultural" para respectar "a autenticidade histórica" do Camiño.
Con todo, o conselleiro destacou o "carácter simbólico moi importante" da proposta porque significa que "toda Galicia quere implicarse no gran proxecto colectivo" do Xacobeo 2021.
Preguntado pola preparación do vindeiro Xacobeo 2021, o titular de Cultura asegurou que están "a traballar a moi bo ritmo". "Pensamos en que sexa un proxecto integral de toda Galicia, non dun goberno ou dunha administración. Queremos que toda Galicia implíquese. Se nos vai ben nos irá ben a todos", insistiu.
Román Rodríguez detallou que o 2019 é o ano da Vía da Prata, e que o seu departamento está traballando para acondicionar e mellorar a ruta, cun investimento de tres millóns de euros.

PARTICIPACIÓN DE TODOS 
O conselleiro de Cultura e Turismo fixo un chamamento á participación de "todos os axentes" para "ofrecer ao mundo o mellor de Galicia". "Ten que ser un proxecto de todos, participativo, para mellorar todo o bo que xa ten Galicia", remarcou.
Ademais, aínda que volveu a dicir que o obxectivo é que "o 2021 sexa un ano excepcional", expresou a preocupación que ten o Goberno galego "polo día despois". "Temos que organizar un gran Xacobeo, pero no 22 Galicia ten que seguir a bo ritmo, dando un salto cualitativo e cuantitativo", subliñou Román Rodríguez.

Te puede interesar