SOCIEDAD

Os Bolechas viven nunha web o Entroido dos escolares galegos

O profesorado pode contar como abordan estas festas na súa clase e participar nun sorteo diario

Portada da páxina web de Os Bolechas desde a que se pode acceder o material do Entroido.
Portada da páxina web de Os Bolechas desde a que se pode acceder o material do Entroido.
Os Bolechas viven nunha web o Entroido dos escolares galegos

n n n Como vén sendo habitual nos últimos anos, Os Bolechas veñen de pór en marcha unha nova iniciativa relacionada co Entroido, unha das datas máis divertidas e con maior tradición na nosa comunidade. Trátase dunha páxina web á que se pode acceder na dirección osbolechas.gal/Entroido na que se inclúe diverso material para divertirse aprendendo todo sobre o Entroido. 
Dirixido á cativada de educación infantil e primaria, o novo espazo web inclúe unha unidade didáctica sobre o carnaval galego: as súas diferentes manifestacións, máscaras e tradicións. Ademais está accesible na propia web ou pode descargarse en formato PDF no apartado “Descargas” e traballalo na aula ou na casa durante estas pequenas vacacións de Entroido, ao igual que o Caderno de Actividades, onde nenas e nenos poderán poñer a proba os seus coñecementos mediante divertidos xogos e actividades.  
Ademais da Unidade Didáctica e o Caderno de Actividades, no apartado “Descargas” inclúense recortables relacionados co carnaval para que cada nena ou neno personalice o seu disfrace ao tempo que promove a súa creatividade e o traballo manual. E mesmo pode atopar fichas con receitas de pratos típicos do Entroido galego para coñecer todos os aspectos relacionados con estas festas. 
Outro dos apartados da nova web dos Bolechas é “BraulioTuber”, onde se pode acceder aos vídeos realizados por Braulio en diferentes colexios galegos explicando como viven estas festas, as tradicións de cada zona etcétera.
E para seguir coñecendo o Entroido galego, este ano os Bolechas propoñen unha iniciativa dirixida aos centros escolares. Cada mestra ou mestre debe contar brevemente o que fixo este ano na súa clase en relación ao Entroido. Tan só hai que ir ao apartado “Participa” do web e contar o traballo realizado na aula (proxectos, murais, traballos en grupo, actuacións, talleres, temática elixida para o disfrace etc.) explicando brevemente o obxectivo e a execución do traballo e achegar unha foto representativa do proxecto. 
Entre todos os proxectos que se presenten cada día farase un sorteo e os dous que saian dese sorteo publicaranse na web e recibirán unha chea de premios, tanto para a clase como para cada alumna e alumno.n