Sociedad

Os Bolechas festexarán este Nadal dinamizando o galego

Os Bolechas acudiron á presentación da obra "Un conto de Nadal".
photo_camera Os Bolechas acudiron á presentación da obra "Un conto de Nadal".

Os coñecidos persoaxes presentaron a obra "Un conto de Nadal" coa que percorrerán Galicia

n n n Os Bolechas súmanse por sexto ano consecutivo á celebración das festas de Nadal, da man da Rede de Dinamización Lingüística, Bolanda Edicións, Televisión de Galicia e Gadisa, e chegarán a oito concellos desde o vindeiro venres 22 de decembro ata o domingo 7 de xaneiro. Farano, coma sempre, convidado as familias a participaren na nova proposta "Un conto de Nadal", con entrada libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos programados en Ames, O Carballiño, Muros, Poio, Sarria, Vilalba, Viveiro e Xinzo de Limia. 
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación da xira e destacou que “xa é unha cita consolidada nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística a proposta de Nadal dos Bolechas, referentes galegofalantes da xente miúda que queren animar sempre a celebrar as festas e desfrutar deste tempo tan familiar na lingua propia de Galicia”. 
Na presentación, que acolleu o compostelán Pazo de San Roque, acompañárono o responsable de Bolanda Edicións, Antonio Couto; a directora-xerente da Televisión de Galicia, Rosa Vilas; e o director de Comunicación de Gadisa, José Luis Fernández Astray.
Os Bolechas percorren Galicia nestas datas para seren dos primeiriños en levarlles aos nenos e nenas a maxia do Nadal. Desta volta, os seis intrépidos irmáns e o seu can Chispa terán que resolver un misterio que pode deixar os cativos e cativas de Galicia sen os agasallos que tanto tempo levan agardando. E é que se perdeu o camelo en que os Reis Magos traían todos os galanos. Conseguiran atopalo a tempo? Algo sae mal e os que van aparecendo son Papá Noel, o Apalpador e moitos outros personaxes ligados ás festas do Nadal... 
Un conto de Nadal botará a andar o vindeiro venres 22 de decembro en Vilalba, e continuará na Casa da Cultura de Xinzo de Limia o sábado 23 ou o Auditorio Municipal do Carballiño, o sábado 6 de xaneiro, como citas na provincia de Ourense.n

Te puede interesar