A Xunta prevé realizar 2.400 actividades para mestres

A Consellería de Educación actualizará a formación de preto de 20.000 docentes de todala comunidade gallea.
photo_camera A Consellería de Educación actualizará a formación de preto de 20.000 docentes de todala comunidade gallea.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación prevé realizar o curso que vén 2.400 actividades de formación destinadas a preto de 20.000 docentes. Así o destacou  o conselleiro Román Rodríguez con motivo da presentación do programa do curso 2016/2017.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación prevé realizar o curso que vén 2.400 actividades de formación destinadas a preto de 20.000 docentes. Así o destacou Román Rodríguez con motivo da presentación do programa do curso 2016/2017 que, como principal novidade, deseña todos os contidos en base ás competencias que deben adquirir os docentes para axudalos no desenvolvemento da súa profesión, entre as que destaca a potenciación das competencias STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática). Deste xeito, o novo plan establece por primeira vez un marco xeral de competencias profesionais docentes (entre as que se inclúen as competencias en TIC, ser interlocutor e guía no proceso de ensino e aprendizaxe, etc.), que favorecerán a mellora dos programas de formación, unha liña de traballo que a Consellería iniciou o curso pasado e que agora se ve reforzada.
Neste contexto, tamén compre lembrar a posta en marcha dun programa Erasmus +, en conxunto con cinco países da UE, que permitirá concretar aínda máis este marco competencial; así como o desenvolvemento dun grupo de traballo conxunto coas universidades galegas para analizar as necesidades no desempeño profesional dos futuros docentes. 
Tal e como explicou o conselleiro, que estivo acompañado polo director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, así como por diferentes representantes do seu departamento, este novo programa axudará a personalizar a traxectoria formativa do docente nas diferentes fases.
Ademais, fundaméntase en dez obxectivos principais: acompañar aos docentes na implantación dos novos currículos e das novas materias de libre configuración, impulsar os plans de formación permanente nos centros, mellorar a competencia lingüística en linguas estranxeiras, potenciar os itinerarios formativos TIC, promover a atención á diversidade, mellorar a convivencia escolar, favorecer iniciativas formativas no ámbito STEM como nova liña de traballo, establecer accións de formación específica nas funcións directivas, incrementar a oferta en rede e potenciar os procesos de innovación educativa.Durante a súa intervención, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia aproveitou para facer un balance do último curso, así como dos logros acadados durante os últimos anos. Deste xeito, no 2015/2016 organizáronse 2.224 actividades formativas, un 6,5% máis que o ano anterior, o que supón máis de 12 actividades diarias por día lectivo. No 60% dos casos, as accións desenvolvéronse no entorno dos propios centros. Ao abeiro destas accións formáronse máis de 19.200 docentes.
 

Te puede interesar