A Xunta incrementa neste ano a dotación para os gastos necesarios de funcionamento nos centros educativos públicos galegos

Máis do 97% do alumnado de cuarto de Educación Infantil obtivo praza no centro educativo escollido nun ano no que 
recibíronse en toda Galicia un total de 18.323 solicitudes para ese curso, polo que a oferta da Consellería é suficiente.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de incrementar as contías que os centros públicos de ensino perciben anualmente en concepto de gastos de funcionamento. A medra é dun promedio do 2,29% no caso dos centros que imparten ensinanzas de Educación Infantil e Primaria, e de arredor do 2,34% para os de secundaria. Estas cantidades serán transferidas proximamente os seus destinatarios, unha vez rematada a tramitación administrativa correspondente.
O citado incremento na dotación orzamentaria, posibilitará que os centros públicos de educación infantil e primaria reciban, en concepto de gastos de funcionamento, un total de 12.050.582 millóns de euros no ano 2017. No caso da ensinanza de secundaria o orzamento global ascende a 30.600.330 millóns de euros para o presente ano.
As contías totais distribúense entre os centros en función de criterios obxectivos de reparto, entre outros, o número de liñas e alumnado co que conta, a súa superficie, o tipo de ensinanzas que se imparten ou características concretas dalgún deles. Con este incremento o departamento educativo da Xunta de Galicia manifesta o seu compromiso de que o centros conten coa dotación orzamentaria axeitada para xestionar e facer fronte aos gastos necesarios para o seu funcionamento.
Esta dotación orzamentaria, xunto con outros programas como o Fondo Social Europeo e actuacións da Consellería como por exemplo o Plan de Mellora de Bibliotecas escolares, os contratos programa ou a dotación de material e recursos para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, posibilitan que os centros, no marco da súa autonomía de xestión económica, administren con criterios de eficacia e eficiencia os recursos dispoñibles, contribuíndo así a desenvolver e acadar os seus obxectivos.
Prazas en Educación Infantil
O 97,17 % do alumnado que solicitou praza en 4º de Educación Infantil – 3 anos- nos centros educativos sostidos con fondos públicos nas 4 provincias galegas para o vindeiro ano académico 2017/18 obtívoa no colexio escollido como primeira opción. Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 18.323 solicitudes para ese curso, 110 máis ca no anterior; polo que resulta suficiente a ampla oferta de prazas deste curso de infantil que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición das familias galegas, un total de 29.487. Dentro do mencionado colectivo de alumnado de 3 anos, tan só un 2,83 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas serán asignadas pola comisión de escolarización de cada zona.
, atendendo aos seguintes centros da súa preferencia.

Te puede interesar