Xornal Escolar

A Xunta destina axudas ás ANPAs que xestionan comedores

Coa axuda da consellería poderá financiarse ata un máximo do 50% do custo do servizo de comedor.
photo_camera Coa axuda da consellería poderá financiarse ata un máximo do 50% do custo do servizo de comedor.

Educación vén de convocar esta liña de subvencións no Diario Oficial de Galicia onde o Goberno galego aporta ata un 
máximo do 50 por cento do custo deste servizo en cada centro  educativo correspondente.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta destinará un total de 552.998 euros ás axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos da comunidade esucativa galega no presente curso. 


O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria desta liña de subvencións. 
Os detalles poden consultarse no enlace web https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170609/AnuncioG0164-300517-0007_gl.html .
Financiación do 50%
Coa axuda da Consellería poderá financiarse ata un máximo do 50% do custo do servizo, podendo ser empregada para sufragar o custo do menú, a vixilancia e o coidado do alumnado, o desenvolvemento dos programas complementarios de promoción da saúde e das habilidades persoais, os gastos orixinados pola contratación de persoal que desenvolva o labor de atención ao alumnado galego con necesidades específicas, ou os gastos ocasionados pola contratación de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar dos diferentes centros educativos.


Grazas a esta mesma convocatoria, no curso pasado beneficiáronse das axudas da Xunta un total de 95 ANPAs (todas as que cumprían os requisitos), o que supuxo atender o 95 por cento% das solicitudes presentadas.

Presentación de solicitudes
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións, federacións e confederacións de nais e pais de alumnado que xestionen, directa ou indirectamente, o servizo do comedor nas instalacións dos centros escolares correspondentes. As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento común administrativo das administracións públicas, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderanse empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Trámites
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas neste programa de axudas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, disponible na sede electrónica da Xunta. Alí encontrarán todas as necesidades.

Te puede interesar