xornal escolar

A Rede de Bibliotecas celebróu o Día do Usuario

Bibliotecas de Galicia organizan diversas iniciativas dirixidas a todos os públicos.
photo_camera Bibliotecas de Galicia organizan diversas iniciativas dirixidas a todos os públicos.

Máis obras en préstamo, un programa de contacontos, obradoiros, mostras, agasallos ou sorteos para os que se achegaron ás bibliotecas centran as propostas conmemorativas desta xornada especial. 
 

Con motivo do Día do Usuario das Bibliotecas, as bibliotecas centrais territoriais das cidades galegas e a Biblioteca de Galicia organizan diversas iniciativas dirixidas a todos os públicos para promover a celebración desta data. Visitas guiadas para coñecer os servizos que ofrece cada centro, recoñecementos para os lectores máis activos, os superlectores, contacontos, obradoiros, mostras ou agasallos para as persoas que se acheguen o xoves ás bibliotecas centran a propostas conmemorativas nos centros que xestiona a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura. Co fin de lles render homenaxe aos usuarios e usuarias, parte imprescindible deste servizo a prol da extensión da lectura e da información, as bibliotecas organizan visitas guiadas para quen desexe coñecer as prestacións, espazos e coleccións das bibliotecas. Serán na Biblioteca de Galicia e a Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal e na Antonio Odriozola de Pontevedra ás 12:00 horas, e na Juan Compañel de Vigo ás 12:00 e ás 18:00 horas, e na Biblioteca Pública de Ourense ás 10:30 e ás 16:30 horas.
Carnés de superlectores 
Os usuarios e as usuarias con máis préstamos durante o 2017, tanto infantís como adultos, recibirán diversos recoñecementos pola súa participación activa. A Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal e a de Lugo noméaos socios de honra. A Miguel González Garcés da Coruña, ademais do nomeamento, agasallaraos con lotes de libros o día 16, que fai extensibles aos usuarios que durante o día 11 leven o máximo de documentos permitido. Na Biblioteca Pública de Ourense faráselles entrega dun carné e un pequeno agasallo aos seus superlectores. A Antonio Odriozola de Pontevedra entrégalles lotes de libros e permítelles levar máis materiais en préstamo ao longo do ano, ao igual que a Juan Compañel de Vigo, na que recibirán un pequeno agasallo. Pero os superlectores non serán os únicos que poderán levar máis obras en préstamo. Tamén terán ocasión de gozar desta oportunidade durante un día os usuarios e usuarias que se acheguen á Ánxel Casal, á Miguel González Garcés,  á Antonio Odriozola e á Biblioteca Pública de Lugo para conmemorar esta data. Lecturas para agasallar
Tampouco faltarán os agasallos nesta celebración. Na Cidade da Cultura, a Biblioteca de Galicia agasallará cun libro as persoas que visiten as instalacións. E a Miguel González Garcés da Coruña regalará marcapáxinas a todos e todas os que se acheguen á biblioteca. A Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo sorteará dous lotes de libros entre os usuarios e usuarias que utilicen os servizos.
Ç da biblioteca o día 11.

Te puede interesar