vigo

De palique e contos en galego

O alcalde acudíu a Castrelos para saúdar aos rapaces participantes na cuarta Quedada Literaria.
photo_camera O alcalde acudíu a Castrelos para saúdar aos rapaces participantes na cuarta Quedada Literaria.

Uns 800 nenos de once centros escolares participaron na cuarta “Quedada literaria” en Castrelos, organizada polas bibliotecas escolares e Normalización Lingüística

Ao ritmo da cantiga “O libro máxico”, o grupo Migallas despedíu aos 800 escolares que participaron na cuarta Quedada Literaria, organizada por Normalización Lingüística, a rede de bibliotecas escolares e a Neira Vilas. A cita, con maior afluencia cada ano, fomenta a lectura e a fala en galego. Así, os rapaces pasaron toda a mañá no parque de Castrelos, repartidos en cinco grupos, onde os máis vellos lían un conto aos máis cativos, seguindo o sistema de apadrinamento que desenvolven nos centros ao longo de todo curso. Nesta tivo especial presenza os escritos de Carlos Casares, autor traballado nas aulas por se lle ter adicado o Día das Letras Galegas. Contacontos, dramatizacións e música, non faltou de nada nunha xornada que contou coa implicación cómplice dos mestres. Os rapaces puideron dar renda solta á súa vea máis artística e amosar o traballo de todo un curso. 
A importancia de esta iniciativa radica para os organizadores no achegamento da lingua e a normalización do seu uso. Así, os galegofalantes variaban segundo a ubicación dos centros escolares, canto máis no núcleo urbano, menos fluidez presentaban, aínda que o castelán é o idioma prioritario na práctica totalidade. Ao convite de Normalización Lingüística respostaron once escolas da contorna, dez de Vigo e unha de Porriño.
Un ano máis, a festa viguesa das Letras en galego tivo lugar  o abeiro dos eucaliptos centenarios de Castrelos que protexeron á comitiva da calor e das altas temperaturas do día.
Xa cara o final da Quedada Literaria, tiveron a visita de Abel Caballero, quen foi recibido polos nenos ao berro de “alcalde, alcalde” e animounos a seguir falando en galego.n

Te puede interesar